_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A firma Galsur acometerá a mellora da pavimentación en Doutor Carús e na praciña do centro social do Ramal

A Xunta de Goberno Local acordou onte adxudicar á empresa Galsur os traballos de mellora do pavimento das prazas Doutor Carús e do centro social do Ramal. O desenvolvemento desta obra permitirá acondicionar dúas zonas especialmente deterioradas e mellorar as condicións de seguridade viaria, tanto para os peóns como para a circulación de vehículos. A actuación ten un prazo de execución de un mes e un custe de 47.930 euros a financiar cos remanentes dos orzamentos municipais do ano pasado.
14.11.2023.- A praza Doutor Carús é unha zona na que conviven espazos para o estacionamento de vehículos con outros para a circulación. Ademais, os martes e sábados acolle o mercado ambulante, polo que é frecuentada por moitas persoas. O desgaste polo uso intenso, xunto coa acción da meteoroloxía, dou pé a numerosas fochas, afundimentos e desniveis que dificultan o paso dos vehículos e crean un risco para a mobilidade dos peóns, especialmente cando acoden ao mercado. Aínda que nos últimos anos se levaron a cabo obras de parcheo, faise preciso actuar na totalidade da superficie e de forma uniforme, de aí que para resolver os problemas mencionados realizarase un varrido de todo o firme e posteriormente procederase ao pavimentado. As tapas das arquetas dos distintos servizos elevaranse para que queden a nivel e a actuación completarase co repintado da sinalización horizontal, dos vaos e dos pasos de cebra.
Pola súa banda, a praciña situada detrás do centro social do Ramal utilízase principalmente como aparcamento público. O pavimento é de terra e presenta numerosas fochas que coa chuvia se enchen de auga, dificultando o tránsito de peóns e dos vehículos. Este problema resolverase procedendo ao nivelado do terreo e ao posterior estendido dunha base de xabre. Ademais, instalarase unha canalización para a recollida de pluviais, cos correspondentes sumidoiros e arquetas, coa finalidade de evitar que a auga se acumule na superficie. Por último, rematarase a actuación pavimentando a superficie con aglomerado.

Obras necesarias e demandadas polos vilagarciáns

O goberno local destaca a necesidade de actuar nestes dous emprazamentos para mellorar a accesibilidade e o servizo que estas dúas zonas prestan aos veciños e usuarios da contorna, e lamenta que o grupo municipal popular non o entendese así e non apoiase o reparto dos remanentes cos que se financiará este e outros investimentos igual de importantes e demandados polos vilagarciáns.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -