_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Vilagarcía alerta no 25N de que o negacionismo da violencia de xénero contribúe ao seu aumento

O Concello de Vilagarcía presentou este mediodía a campaña e a programación deseñada con motivo do 25N, Día Mundial Contra a Violencia Machista. Co lema “Negar a violencia de xénero tamén é violencia”, a concelleira de Igualdade, Tania García, e a directora do CIM, Julia Barbosa, alertaron de que este tipo de negacionismo está a contribuír a aumentar os casos de mulleres maltratadas, situación que se agrava moi especialmente entre a poboación xuvenil, “máis permeable a deste tipo de mensaxes”.
16.11.2023.- Barbosa comentou que “ante a situación actual que estamos a vivir, é máis necesario que nunca incidir en que negar esta violencia, ademais ten consecuencias. E no caso da poboación xuvenil fai que interioricen e normalicen comportamentos e actitudes machistas”. En relación a isto, a directora do CIM lembrou que os delitos por violencia de xénero cometidos por menores de 18 anos incrementáronse un 18% no Estado no que levamos de ano.

As iniciativas que o Concello pon en marcha para chamar a atención sobre esta lacra e sensibilizar sobre a necesidade de continuar combaténdoa inclúen unha campaña publicitaria e varias actividades para a participación da cidadanía. Así, mantendo a imaxe do “Vilagarcía en Negro” dos últimos anos, rotulouse un autobús urbano co lema desta edición para difundilo por todo o municipio. De igual xeito, colocaranse carteis nas marquesiñas das paradas de bus e distribuirase material gráfico entre os locais públicos, os establecementos comerciais, asociacións e clubs deportivos para que os luzan durante estas semanas.

En canto á programación, os actos comezarán mañá, 17 de novembro coa representación da obra de teatro “Iphixenia” no Salón García, a partir das 21.00 horas e con entrada libre ata completar aforo. A compañía “Humana” é a encargada de poñer en escena este monólogo que fala do empoderamento da muller. Trátase dun texto actual que aborda as consecuencias dos recortes salariais e que amosa, sen filtros e con humor, a humanidade que aínda se pode atopar tras as colas da atención Primaria, do recorte de camas hospitalarias ou da ausencia de médicos.

O día 23 a comunidade estudiantil de Vilagarcía será a protagonista do acto que se celebrará no Auditorio e no que os institutos e colexios terán a oportunidade de representar os seus traballos para concienciar e sensibilizar sobre a loita contra a violencia de xénero.

O venres 24, tamén no Salón García, e coa colaboración do Cine Club Ádega, proxectarase “La Maternal”, unha película que conta a historia dunha moza que ingresa nun centro para nais menores de idade e como, sendo unha rapaza, ten que afrontar a vida adulta. A proxección comeza ás 21.00 horas e a entrada é de balde.

Os actos clausuraranse o día 25N que, ao coincidir en sábado, traslada á Praza de Galicia a tradicional lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller.

Avance da memoria anual

Como se soe facer cada ano por estas datas, a expensas de pechar o exercicio e a memoria correspondente, a directora do CIM avanzou algúns datos relativos ao servizo que no que leva de ano rexistrou 134 novas usuarias e realizou 1.048 actuacións, das cales 350 foron de apoio psicolóxico, 250 de asistencia xurídica e 448 relativas á xestión de recursos, tramitación de axudas, derivación a outros organismos, acompañamento, seguimento e coordinación policial. O número de vítimas e violencia de xénero ascende a 63, entre as que incluso hai menores de idade.

Ademais, de facer un chamamento á poboación vilagarciá para que participe nos actos do 25N e demostre o seu rexeitamento á violencia machista, a concelleira de Igualdade comentou que o Concello ten previsto en 2024 implementar os recursos do CIM con medidas como o aumento das horas de prestación da atención psicolóxica, cuxo profesional pasará a contar cun contrato a tempo completo, en vez das 15 horas semanais coas que conta agora.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -