_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello destinou 42.000 euros a subvencionar a posta en marcha de 18 novas iniciativas empresarias

As axudas municipais á creación de empresas convocadas anualmente pola Concellería de Promoción Económica contribuíron este ano a poñer en marcha 18 novos negocios en Vilagarcía. A convocatoria, á que se destinaron 42.000 euros, facilitou a apertura de actividades de diferente tipo e sectores, contribuíndo deste xeito á enriquecer o tecido económico produtivo da cidade e a crear emprego. A maior parte das iniciativas subvencionadas (un total de 13) obtiveron a axuda máxima de 2.500 euros.
18.11.2023.- Entre as actividades subvencionadas atópase un taller de fabricación de mobles, unha empresa de construción e reparacións e unha carpintería de aluminio. No marco do sector comercial hai un establecemento de venta de aparellos eléctricos, un de prendas de vestir, outro de roupa de segunda man e unha ferretería e venta de artigos de enxoval. A lista complétase con bares, unha academia de ensino e outra musical, unha óptica-podoloxía, e unha clínica nutricionista.

As axudas municipais á creación de empresa concédense para axudar aos emprendedores a cubrir aqueles custes iniciais que leva a posta en marcha de todo negocio. Os gastos que se subvencionan son os relativos aos trámites de constitución da empresa, asesoría, obras de acondicionamento do local, aluguer, adquisición de existencias iniciais de mercadorías, así como gastos correntes (auga, luz, teléfono…).

A liña de axudas convocada polo departamento que dirixe Álvaro Carou ten como destinatarios ás micropemes e negocios de nova creación radicados en Vilagarcía. Á convocatoria desta ano podían concorrer empresarios/as individuais ou ás pequenas empresas que iniciasen a súa actividade entre o 31 de outubro de 2022 e o 30 de outubro de 2023. Os subvencionados teñen a abriga de manter a actividade de alta no réxime correspondente da Seguridade Social, como mínimo, durante un período de dous anos contados dende a data de solicitude da achega.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -