_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Marconsa rebaixa a un mes a execución da segunda fase do ensanche e mellora da Rúa Xiabre

A segunda fase da obra de ensanche e mellora da rúa Xiabre, en Guillán, realizarase no prazo de un mes, é dicir, na metade do tempo previsto inicialmente no prazo de execución. Esta rebaixa do tempo da actuación foi unha das melloras ofertadas por Marconsa, empresa á que o Concello adxudicou os traballos por importe de 85.779 euros. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, comunicou a adxudicación aos representantes dos veciños e da comunidade de montes de Guillán na visita realizada esta mañá ao lugar e á que tamén asistiron a tenente de alcalde, Tania García, e o concelleiro de Medio Ambiente, Diego García.
18.11.2023.- A segunda fase de mellora da Rúa Xiabre afectará ao tramo de 760 metros de lonxitude que discorre entre as inmediacións da adega Mayor de Mendoza –onde rematou a mellora realizada hai ano e medio- e a intersección coas rúas Caldihuela e García Hermo, en Guillán. Deste xeito complétanse os 1.700 metros que conforman esta vía rural. Como na fase anterior, os traballos consistirán no ensanche da calzada, na renovación da capa de rodadura e na creación de lombos. Con todo isto, ademais de incidir na accesibilidade, tamén se gañará en seguridade viaria, tanto para a circulación de vehículos como para o tránsito de peóns.

Rematadas as obras, as zonas más estreitas terán un ancho de 6,6 metros e as máis amplas acadarán os 8. Isto permitirá contar en toda a vía con carrís dun mínimo de 3 metros para que os automóbiles poidan circular sen risco, e tamén contar a ámbolos lados con espazo seguro polo que camiñar as persoas sen ter que invadir a vía.

As obras a realizar inclúen a reposición do firme, que se atopa moi deteriorado, e o posterior asfaltado de todo o tramo. Dado que o ensanche da vía e a mellora do pavimento poden animar aos condutores a circular máis apresa, o proxecto prevé a creación de lombos para o calmado do tráfico, seguindo o modelo do tramo executado hai ano e medio.

Para financiar esta nova actuación na rúa Xiabre, disponse dunha achega de 54.351 euros da Agader, á que o Concello sumará a cantidade necesaria para completar o orzamento.

Ca execución deste proxecto, o Concello completa a mellora do eixo de case dous quilómetros que vertebra as comunicacións entre as zonas de Guillán, Trabanca Sardiñeira, Carril e Bamio.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -