_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello inicia unha campaña informativa coa idea de estender a compostaxe comunitaria

As políticas de mellora da xestión dos residuos sólidos urbanos que está a aplicar o Concello de Vilagarcía con base nos criterios de sustentabilidade marcados pola UE enfócanse na actualidade á separación e recuperación da materia orgánica que forma parte da bolsa do lixo. Cos preparativos en marcha para a implantación do contedor marrón para a recollida selectiva deste tipo de residuos en toda a cidade en 2024, o Concello aposta por complementar este sistema coa compostaxe individual e comunitaria. Esta ultima medida, que funciona con éxito dende 2016 no barrio do Piñeiriño, pretende exportarse a outros puntos da cidade nos que as condicións así o permitan. Para elo, vénse de poñer en marcha unha campaña informativa e de sensibilización veciñal.
21.11.2023.- Os lugares para desenvolver a iniciativa son aquelas zonas periurbanas con poboación concentrada, pero de menor intensidade que no centro urbano, e que dispoñen de zonas verdes u espazos para instalar os centros comunitarios de compostaxe. A proposta inicial inclúe seis localizacións: os edificios Invisa (en Marxión), a contorna da Praza de Abastos de Vilaxoán, o parque do Castriño, Trabanca Sardiñeira (grupo do 25), Trabanca Badiña (contorna do parque Doutor Carús) e o parque de Matosinhos.

Nestas zonas convocarase á veciñanza a través das asociacións de cada lugar para informarlles en que consiste a compostaxe comunitaria e como funciona o sistema, destacando que non precisa máis esforzo por parte do usuario que separar os residuos orgánicos, depositalos no colector e botarlle por riba o estruturante que van ter a súa disposición alí mesmo. Incidirase especialmente en que o proceso non xera incomodidades nin produce cheiros, como demostra a práctica do Piñeiriño, e explicaráselles as avantaxas económicas e medioambientais que supón para o conxunto da comunidade este proceso totalmente natural e que se utiliza de forma xeneralizada en moitos países de Europa dende hai décadas.

Aforro en transporte e redución de emisións de CO2

Á diferenza do sistema do contedor marrón das zonas urbanas -cuxos residuos serán recollidos e trasladados á planta comarcal de compostaxe de Vilanova para o seu tratamento-, coa compostaxe comunitaria este transporte non é necesario, xa que a materia orgánica trátase “in situ”, o que permite aforrar en transporte e reducir as emisión de CO2 á atmosfera. Polo tanto, os biorresiduos deposítanse nos composteiros, en lugar dos contedores de recollida, e a transformación da materia orgánica en abono realízase no mesmo lugar e baixo o control e seguimento dos mestres composteiros do Concello.

Ao remate deste proceso de descomposición natural, os residuos convértense no abono denominado compost, que se distribúe entre a propia poboación. De feito, a modo de exemplo, os asistentes ás charlas recibirán como agasallo unha bolsa do abono producido nos centros do Piñeiriño. A experiencia deste barrio é un modelo a seguir xa que, grazas á colaboración e implicación da veciñanza, cos residuos orgánicos que xeran nos fogares e bares da zona (restos de comidas, mondas de froita, espiñas de peixe, etc…), dos dous centros comunitarios extráense anualmente entre 6 e 7 toneladas de abono.

A posta en marcha de novos composteiros colectivos dependerá da implicación da veciñanza de cada lugar. De feito, ao remata de cada charla, os interesados deben firmar un compromiso de participación, como xa o fixeron varios veciños da zona de Invisa, onde esta semana se desenvolveu a primeira das sesións informativas. As seguintes datas iranse pechando e comunicando nos vindeiros días.

Bares e comedores escolares, dispostos a participar

Como xa se dixo, a iniciativa está orientada aos particulares que residan nestas zonas, pero tamén aos produtores singulares (establecementos hostaleiros e de venta de alimentos, comedores escolares, etc…), moitos dos cales xa comunicaron a súa disposición a participar. Así o fixeron os centros educativos de Matosinhos-A Lomba. O centro de compostaxe deste lugar integraríase na horta da escola infantil a modo de aula de educación ambiental para uso por parte da comunidade educativa.

En Trabanca Badiña xa se conta co compromiso dos establecementos hostaleiros da contorna do parque Doutor Carús, e no Castriño tamén mostrou a súa disposición a colaborar o Centro de Atención Integral Amencer- Aspacem, que dispón de servizo de comedor. Por último o punto de Vilaxoán daría servizo á Praza de Abastos e establecementos hostaleiros da zona, así como á veciñanza das proximidades.

Reparto doutros 1.000 composteiros individuais

A maiores da implantación do contedor marrón e da compostaxe comunitaria, a terceira pata na que se sustenta o plan de xestión da fracción orgánica do lixo en Vilagarcía é a compostaxe individual. Este sistema funciona dende hai xa unha década, e a principios de 2024 daráselle un novo impulso co reparto gratuíto doutros 1.000 contedores individuais. Estes colectores están destinados ás vivendas unifamiliares que soen contar con horta, xardín ou espazo ao aire libre no que poder instalar o composteiro. A idea é continuar estendendo a compostaxe polo rural vilagarciá onde, ademais dos residuos orgánicos que se xeran nos fogares, aproveitan o colector para desfacerse e reciclar os restos da corta de herba do xardín, de podas ou dos cultivos de autoconsumo.

A compra destes 1.000 composteiros individuais finánciase mediante unha subvención concedida ao abeiro dos fondos europeos do programa Next Generation, ao igual que outros 50 de tamaño máis grandes, os dos centros comunitarios e as biotrituradoras para a xeración do estruturante.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -