_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Martín Rey, Jessica Bouzas, Pedro Muñoz, Anxo Martínez e Pedro Torrado optan ao premio Mellor Deportista do Ano

Vilagarcía celebrará o venres 1 de marzo a gala da XXXI Festa Local do Deporte, unha celebración na que a Fundación Municipal de Deportes recoñece a labor de persoas e entidades que destacaron na práctica ou promoción deportiva e concederá o premio Mellor Deportista Local da tempada 2022/23. A este galardón optan nesta edición o ciclista Martín Rey Vázquez, a tenista Jessica Bouzas Maneiro, o kenpista Pedro Muñoz Fole, o piragüista Pedro Torrado Mollinedo e o remeiro Anxo Martínez Fernández.
10.02.2023.- A Festa Local do Deporte é un evento que ten como obxectivo difundir e poñer en valor todas as disciplinas deportivas que se practican no municipio -tanto a través das actividades que organiza o organismo público, como as que realizan os distintos clubs-, como xeito de seguir incentivando a súa práctica entre persoas de todas as idades, xa sexa de modo competitivo como lúdico. Dentro desta filosofía, a celebración tamén serve para premiar aos deportistas que teñan obtido os mellores resultados na última tempada, cuxos finalistas son seleccionados por un xurado entre as candidaturas presentadas por clubs e persoas a título individual, e tendo en conta os méritos dos aspirantes

Finalistas ao Mellor Deportista do Ano:

- MARTÍN REY VÁZQUEZ (Ciclismo). Polo seu triunfo na Volta Ciclista a Galicia e na Volta Baixo Miño.
- JESSICA BOUZAS MANEIRO (Tenis). Polos seus éxitos nos torneos W60 de Roma e V Master Mapfre Valladolid, e no Campionato de España por equipos. Pola súa participación coa selección española na United Cup de Australia, e por ter participado nas fases previas dos torneos Open de Australia, Roland Garrós e US Open, e na fase final de Wimblendon.
- PEDRO MUÑOZ FOLE (Kenpo). Polos seus logros no:
o Campionato do Mundo de Kenpo 2023, celebrado en Caldas da Raíña, onde quedou campión na modalidade de Semikenpo, subcamión en Kata, Kobudo e Submisión, e bronce en Kata por equipos.
o Campionato de España de Kenpo 2023, celebrado en Vilagarcía, onde se proclamou campión na modalidade de Kata, Kobudo, Semikenpo e Fulkenpo (-80 quilos), e subcampión en Submisión.
- PEDRO TORRADO MOLLINEDO (Piraguismo). Polos seus éxitos, acadando entre outros o título autonómico en C2 500m e C4 500m, os títulos nacionais de C1 500m, C1 1000m e C2 1000, así como o cuarto posto no Campionato Europeo Junior en C2 1000m e o mesmo lugar no Mundial Junior en C2 1000m.
- ANXO MARTÍNEZ FERNÁNDEZ. (Remo). Polos seus éxitos no Campionato Galego de bateis e trainerillas e acadar o sexto lugar na Liga ACT e na regata da Concha (Donosti).

Recoñecementos a título póstumo

No transcurso da gala tamén se fará entrega das mencións especiais a título póstumo concedidas este ano a MARTÍN CARDALDA “Tinín”, pola súa traxectoria como directivo e adestrador do San Martín C.F., a LUIS GARCÍA LOUREIRO “Luisiño”, pola súa traxectoria como directivo do CD Bamio, e a FRANCISCO JAVIER PÉREZ LAFUENTE “Chuco", pola súa traxectoria na vela como xuíz e directivo en diferentes clubs, así como no baloncesto local, sendo adestrador no Basket Base Club e no CB el 12.

Mencións especiais por categorías

- Técnico deportivo: LUIS TREVIÑO TORRES, pola súa labor durante oito temporadas dirixindo ao Cub Viaxes InterRías de fútbol feminino, acadando tres ascensos ata a 2ª Federación, e clasificar ao equipo para a Copa da Raíña; así como polo seu traballo como director técnico e adestrador da Escola Deportiva Arousa.
- Empresa: SIGATEL, polo seu apoio ao deporte local colaborando coas entidades deportivas no desenvolvemento das súas actividades.
- Medios de Comunicación: MÓNICA IRAGO, reporteira gráfica de La Voz de Galicia.
- Deporte para Todos: PABLO MURAS ABAD, polos seus éxitos no Kenpo adaptado.
- Organización de Eventos: CLUB KENPO VILAGARCÍA, pola organización do Campionato de España de Kenpo.
- Traxectoria Deportiva: SARA GÓMEZ FERREIROS, polos seus éxitos durante 20 anos no baloncesto feminino, sendo xogadora internacional en categorías base e unha referente no mundo da canastra feminina.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -