CULTURA
As comisións de festas xa poden solicitar a actuación da Banda de Música de Vilagarcía para as celebracións de 2024 A Concellería de Cultura informa de que as comisións de festas das parroquias do municipio que desexen contar coa intervención gratuíta da Banda de Música de Vilagarcía deben solicitalo canto antes e por escrito. O obxectivo desta medida é poder concretar o número de actuacións que o Concello incluirá no convenio a asinar coa formación musical para o ano 2024 e tamén para pechar o calendario das mesmas. Por esa razón, dende o departamento que dirixe Sonia Outón lémbrase que as solicitudes presentadas antes do 30 de abril terán preferencia á hora de adxudicar as actuacións da Banda concertadas e financiadas polo Concello.
09.02.2024.- As comisións organizadoras deberán dirixirse á Concellería de Cultura presentando a solicitude a través da sede electrónica e mediante o modelo de instancia xeral, indicando a data para a cal solicitan a intervención da Banda, así como a modalidade da actuación requirida, pudendo elixir entre a de concerto e a da pasarrúas/procesión.
Dado que as datas das festas coñécense de antemán, isto faise coa idea de organizar o calendario de forma equilibrada e para que o reparto entre todas as parroquias sexa o máis equitativo posible, de xeito que ningunha quede sen poder gozar da actuación da Banda de Música.