_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
INFRAESTRUTURAS
As zonas da Escardia e Guillán serán as máis beneficiadas dunha nova fase de extensión da banda ancha

As zonas da Escardia e Guillán, é dicir, a transición territorial de Vilagarcía a Carril, con predominio do poboamento disperso, serán as máis beneficiadas da nova fase de desenvolvemento da banda ancha na cidade. A empresa Vento Rede, SL, adxudicataria do proxecto para toda a provincia de Pontevedra, cun presuposto de 9,7 millóns de euros, xa iniciou os traballos de replanteo. Trátase de decidir onde é necesario instalar poste, onde hai que facer obra civil, etcétera. A intención é que a instalación efectiva da banda ancha comece no verán. O prazo máximo para rematar os traballos é o 31 de decembro de 2025.
14.03.2024. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou, mantiveron esta mañá unha reunión cun representante da empresa a fin de analizar máis polo miúdo o plan de traballo e a área de cobertura da nova fase. O rexedor comprometeuse a axilizar en todo o posible a concesión das licenzas que, sen dúbida, comezarán a chegar dentro dunhas semanas, unha vez rematado o proceso de replanteo. Á súa vez, Vento Rede asumiu o compromiso de levar a cabo as obras coa maior dilixencia. Como se sabe, as peticións dos veciños de ambas zonas, pero especialmente da Escardia, para que se poña fin ás deficiencias no acceso a internet veñen sendo unha constante nos últimos anos.

Segundo os datos expostos na reunión de hoxe, nesta nova fase a fibra chegará a un mínimo de 377 vivendas; “mínimo” porque, con toda probabilidade, unha vez que se despregue a rede aparecerán novos interesados, como adoita ocorrer en este tipo de proxectos. En todo caso, deses 377 domicilios previstos, 317 corresponden a A Escardia/Guillán. O resto, trátase de actuacións puntuais en Solobeira, Sobradelo, Bamio, Cea, Castroagudín, Rubiáns, Cornazo, A Lomba ou A Torre -todas na zona periurbana-, e no propio casco urbano de Vilagarcía (é o caso dos Duráns ou a praza de abastos).

Na etapa anterior, desenvolvida hai tres anos, a extensión da banda ancha acadou a 520 unidades inmobiliarias, maioritariamente vivendas e algunhas naves comerciais, dende Vilaxoán a Carril, pasando por Vilagarcía, Sobradelo, Cea, Faxilde, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, A Laxe, Fontecarmoa... é dicir, as zonas máis densamente poboadas.

O goberno de Alberto Varela está moi satisfeito con este novo impulso á mellora da conectividade dixital, un proxecto no que o goberno central vén poñendo especial empeño dende que comezou a súa andaina. Logros como ese ou a conexión directa con Madrid a través da alta velocidade, xunto cos investimentos en obras e servizos a través dos distintos plans europeos, multiplican as posibilidades de desenvolvemento da cidade malia a súa posición periférica e incrementan os seus indubidables atractivos para vivir ou investir.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -