_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O “Hamelín” do Premio Princesa de Asturias das Letras, Juan Mayorga, represéntase o sábado no Auditorio

O escenario do Auditorio Municipal vístese de gala o sábado, 6 de abril, para acoller a representación da obra coa que Juan Mayorga, Premio Princesa de Asturias en 2022, obtivo en 2005 o Premio Nacional de Teatro e o Premio Max en 2006. Trátase de “Hamelín”, unha versión áspera do conto popular coa que o autor aborda a temática da pederastia dun xeito moi sutil, pero cheo de verdade. A compañía Redrum Teatro é encargada da posta en escena que se poderá presenciar a partir das 20.00 horas.
01.04.2023.- O “Hamelín” de Mayorga é un drama para público adulto de 90 minutos de duración. Neste texto, o autor afronta o tema da pederastia cunha linguaxe que evita o soez, e con escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher silencios que encerran grandes verdades. Mayorga busca un espectador activo, que imaxine máis aló do que se mostra en escena.
A montaxe de Redrum conta coa dirección de Álex Sampayo e un elenco composto por Machi Salgado, Guillermo Carbajo, Laura Míguez, César Goldi, Fran Lareu, Rubén Porto e Mónica García.

Sinopse

“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelín. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelín que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo.



Entrada a prezo reducido

O espectáculo forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, polo que a entrada conta co habitual prezo reducido a 5 euros. Ademais, o Concello ofrece bonificacións especiais para xóvenes, persoas maiores e desempregados, que deberán acreditar a súa condición presentando o Carné Xove, a tarxeta de desempregado e DNI, segundo proceda, para poder optar á entrada a 3 euros.

Os billetes están á venta en http://www.ataquilla.com (máis gastos de xestión) e o día da función, a partir das 18.00 horas, no Auditorio.

 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -