_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía celebra o Día Internacional da Danza con “Ceibe”, o novo espectáculo de Fran Sieira

Vilagarcía adiántase este ano á celebración do Día Internacional da Danza, que se conmemora o 29 de abril, e faino do mellor xeito posible: cun espectáculo de danza contemporánea con base no baile e na música tradicional. Trátase de “Ceibe”, a última produción da recoñecida compañía do galego Fran Sieira, que se representa o venres, 26 de abril, a partir das 20 horas no Auditorio, e que xira en torno ao estereotipo machista no baile tradicional.
24.04.2024.- A actividade programada pola Concellería de Cultura a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios é un espectáculo de danza que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Conta cun elenco de 8 bailaríns e bailarinas e está codirixida por Fran Sieira e Sergio R. Suárez.

“Ceibe” traballa sobre o xénero e as súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotidianidade, incluíndo unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional. Trata de facer entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. A través das coreografías e da música, o espectáculo promove unha reflexión sobre as categorías de xénero e os estereotipos impostos socialmente para, dende aí, formular e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. Cuestiona, por tanto, as identidades de xénero normativas e hexemónicas para facer comprender e compartir que o xénero opera sobre todos os corpos.

E para iso conta coa dirección de Fran Sieira e o bailarín Sergio R. Suárez, experto en cuestións LGTBIQ+ e danza; ademais de co asesoramento artístico do Colectivo VACAburra, formado por Andrea Quintana e Gena Baamonde.

Compra de entradas

Os billetes para as funcións teñen un prezo reducido de 5 euros, ofertando o Concello bonificacións especiais para xóvenes, persoas maiores e desempregados. As persoas pertencentes a estes colectivos deberán acreditar a súa condición presentando o Carné Xove, a tarxeta de desempregado ou o DNI, segundo corresponda, para poder optar á entrada a 3 euros. As localidades pódense adquirir anticipadamente en http://www.ataquilla.com (máis gastos de xestión) ou, de non esgotarse antes, o día da función, a partir das 18,00 horas, na billeteira do Auditorio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -