_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
A nova biblioteca bota a andar con gran éxito pola súa funcionalidade e deseño

O martes 23 de abril de 2024 xa quedou marcado na recente historia da cidade como o día en que, por fin, despois de máis dun ano de obras e un investimento de preto de dous millóns de euros, os vilagarciáns puideron desfrutar da nova biblioteca. “O resultado é marabilloso”, dixo o alcalde, Alberto Varela, dúas horas despois de abrir as súas portas. Os habituais da biblioteca foron os primeiros en chegar, pero tamén houbo moitos veciños que aproveitaron para coñecer as novas instalacións e mesmo darse de alta no servizo.
24.04.2024. Case 1.300 metros cadrados de superficie, 176 postos de lectura, unha sala infantil, outra de ordenadores, un fondo local, máis de 50.000 volumes entre papel e audiovisuais, centenares de estantes, e luz, moita luz, conforman un espazo que na súa apertura ao público foi moi celebrado, malia que nas primeiras horas houbo quen se queixou de que había algo máis de ruído do esperado, precisamente pola gran cantidade de xente que non quixo perderse ese momento e coñecer de primeira man a nova biblioteca.

O alcalde, que acudiu á cita na compaña de varios concelleiros do seu goberno, non puido menos que celebrar o resultado, primeiro, porque é a biblioteca que “os vilagarciáns merecían”, despois de tantos anos reclamando unhas novas instalacións. E segundo, porque ademais da funcionalidade, o centro é esteticamente “moi bonita”; unha apreciación na que coincidiron moitos dos usuarios.

Neste sentido, Alberto Varela, volveu lembrar que o deseño foi obra do arquitecto vilagarcián Alberto Redondo, a quen agradeceu o seu traballo, o mesmo que o desenvolvido polo novo director da biblioteca, Roberto Sobrado, e todo o seu equipo, que fixeron posible que en só unha semana se puidera realizar o traslado de todo o fondo documental e bibliográfico dende a vella sede Rey Daviña –na que a biblioteca estivo 35 anos- á nova de Castelao, de xeito que este martes os usuarios puideron atoparse con todo no seu (novo) sitio.

O rexedor tampouco quixo deixar pasar a oportunidade para lembrar que a construción da biblioteca foi posible grazas á colaboración da Deputación, cando a presidía a socialista Carmela Silva, e un préstamo municipal que non contou co apoio dos grupos da oposición. Ao respecto, Alberto Varela pediu a PP e IU que arrimen máis o ombreiro e abandonen ese xeito de facer oposición, na reclaman investimentos e logo rexeitan os medios para financialos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -