_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
MULLER
Un faladoiro e o concerto acústico de Catuxa Salom abren a Semana de Muller e Cultura

A Área de Igualdade do Concello inaugura mañá, venres 26 de abril, a programación da Semana Muller e Cultura con dúas actividades que se desenvolverán a partir das 20.00 horas no Salón García. Comezarán co faladoiro no que varias profesionais do sector musical exporán as súas opinións e experiencias en relación a ao papel e situación da muller neste eido da cultura. E finalizado este acto, dará comezo o concerto acústico de Catuxa Salom. A entrada é libre e de balde.
24.04.2024.- O faladoiro leva por título “A muller na música” e nel intervirán a música, cantante e compositora, Guadi Galego; a presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais e mánager, Patricia Hermida; a cantante, creadora de Mulleres Galegas Kañeras e directiva da asociación Músicas ao Vivo, Patty Castro; a vilagarciá, Kris K, DJ residente da Duendeneta; e Tere Tresandí, técnica de iluminación. A conversa estará dirixida e moderada pola xornalista pontevedresa Teresa Cuiñas.

A primeira xornada da semana Muller e Cultura rematará cun ambiente festivo garzas ao concerto da vilagarciá Catuxa Salom, que fai música fusión combinando sons de raíces galegas e arxentinas. Será a partir das 21.30 horas no mesmo Salón García.

A Semana de Muller e Cultura ten como obxectivo poñer en valor o papel das mulleres que traballan na creación cultural e artística, así como fomentar a inclusión e a visualización das profesionais femininas nestes sectores que tradicionalmente foron copados por homes. A maiores, con este programa, o departamento que dirixe Tania García pretende dar a coñecer ás profesionais locais e de municipios veciños.

Neste marco, tamén o sábado 27 realizarase o primeiro dos obradoiros previstos, o de Iniciación á música electrónica que impartirá a vilagarciá Vicky Longa, música, compositora e directora do Longa Music Lab. A actividade desenvolverase nas instalacións do Auditorio en horario de 10 a 13.00 horas e as persoas interesadas en participar teñen de prazo ata o día 26 para anotarse a través da sede@vilagarcia.gal , enviando un correo ao enderezo muller@vilagarcia.gal o acudindo directamente a Área de Igualdade. O formulario de inscrición está dispoñible no taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal e no da sede electrónica.

Tamén está aberta a inscrición para o obradoiro de rap feminista “Dar resposta” que impartirá o 3 de maio a música e rapeira High Paw nas instalacións do Auditorio en horario de 16 a 19 horas. A asistencia tamén é de balde e as persoas interesadas deben inscribirse utilizando os medios sinalados para o anterior obradoiro.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -