_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
O XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía aprázase por cuestións de seguridade

A Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía e a dirección técnica e de seguridade da organización do XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía, decidiron esta mesma tarde aprarzar a celebración da proba prevista para este domingo debido a razóns de seguridade. A competición celebrarase no mes de setembro, case con toda probabilidade.
COMUNICADO DE APRAZAMENTO DO XIII TRÍATLON CONCELLO DE VILAGARCÍA

A Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía, xunto coa dirección técnica e de seguridade da organización do XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía, comunicamos o aprazamento da proba prevista para este domingo 5 de maio.

Debido ás intensas chuvias que se están a rexistrar, estanse formando numerosas balsas de auga no segmento ciclista. Segundo a previsión meteorolóxica, continuarán as precipitacións en grande cantidade ata o mesmo día da proba, polo que a probabilidade de ter bolsas de auga no percorrido ciclista é moi alta, convertendo o circuíto el altamente perigoso.

Esta situación suporía un elevado risco para a integridade dos participantes, polo que, dende a organización decidimos na tarde de hoxe, venres 3 de maio, aprazar a celebración da proba co obxectivo de garantir a seguridade dos deportistas e pensando en ocasionar os menores contratempos posibles. Lamentamos os inconvenientes que esta decisión poida ocasionar, pero para a Fundación de Deportes e a dirección técnica do tríatlon, a seguridade e o benestar dos participantes está por riba de calquera outra cuestión.

Agradecemos a comprensión de todas as persoas inscritas no tríatlon, así como a dos nosos colaboradores e patrocinadores, emprazándoos á nova data que se estableza para celebrar a competición con plenas garantías de seguridade para os deportistas e nas condicións idóneas para que a cidadanía goce deste espectáculo deportivo.

Dende hoxe mesmo, a organización do XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía estamos traballando coa Federación Galega de Tríatlon para poñer nova data ao evento deportivo. Tendo en conta a elevada ocupación do calendario nacional e autonómico para os vindeiros meses, case con toda probabilidade, a proba de Vilagarcía celebrarse no mes de setembro.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -