_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
As novas instalacións da rúa Castelao disparan as cifras de usuarios e altas na Biblioteca Municipal

O balance das primeiras dúas semanas de funcionamento da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro nas novas dependencias da rúa Castelao arroxa resultados realmente positivos en todos os seus apartados: o número de usuarios, o de altas e o de préstamos disparáronse de forma exponencial dende a inauguracións das instalacións, o que avala, por un lado, o que xa se coñecía: que era necesaria e urxía a ampliación e modernización da infraestrutura cultural e, por outro, que o proxecto executado polo Concello cumpriu as expectativas da cidadanía de Vilagarcía.
14.05.2024.- As cifras son claras e falan por si mesmas cunha simple ollada á comparativa dos datos recollidos polo persoal da Biblioteca entre o 23 de abril e o 8 de maio de 2024 -dende a inauguración das novas instalacións- cos do mesmo período do ano anterior, aínda en Rey Daviña. En termos porcentuais, o número total de usuarios da Biblioteca incrementouse un 83% (pasando de 1.994 a 3.653 no período de estudo), as solicitudes de carné multiplicáronse por 7 (pasan de 19 a 140) e os préstamos realizados eleváronse un 71% (de 640 a 1.095).

Aínda que o período a estudo abrangue dúas semanas, as cifras refírense en realidade aos 13 días nos que a Biblioteca abriu (restando os domingos e o festivo do 1 de maio). Tendo en conta esta circunstancia, a media de usuarios que acudiron á Biblioteca dende a súa inauguración foi de 281 persoas por día (225 adultos e 55 usuarios infantís). Ademais, o persoal do centro xestionou unha media diaria de 11 novas altas/solicitudes de carné e tramitou 84 préstamos por xornada.

Valoración “moi positiva” do goberno

O goberno local de Vilagarcía valora moi positivamente a acollida que está a ter a nova Biblioteca Municipal reparando no importante esforzo en xestión e orzamentario (investíronse máis de 2 millóns de euros) que se fixo para poder executar unha obra que, ademais de demandada pola cidadanía, era unha prioridade e un compromiso do goberno de Alberto Varela. “Malia ao tempo que se precisou para completar os trámites da compra do local, da redacción do proxecto, da procura dos fondos para financialo e da propia execución da obra, hoxe, por fin, Vilagarcía conta cunha Biblioteca Municipal modélica, ampla, confortable e dotada dos medios e tecnoloxías que esixe unha instalación cultural deste tipo en pleno século XXI. Cremos que a espera foi compensada con creces co resultado. Estamos moi satisfeitos coa acollida que as novas dependencias están tendo por parte da cidadanía e desexamos que as gocen e lle saquen o máximo partido, porque esa e a súa finalidade e para iso se fixeron”, apuntan dende o executivo socialista.

Resumo da comparativa:

Biblioteca Rosalía de Castro 2023 2024
do 23/04 ao 08/05


Usuarios da biblioteca (total) 1.994 3.653
Usuarios infantís 227 723
Usuarios adultos 1.767 2.930


Usuarios que solicitaron o carné de lector (total) 19 140
Usuarios infantís que solicitaron o carné 7 59
Usuarios adultos que solicitaron o carné 12 81


Préstamos realizados (total) 640 1.095
Préstamos realizados por usuarios infantís 238 443
Préstamos realizados por usuarios adultos 402 652



 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    May 2024  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -