_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Cincocentos deportistas danse cita a partir de mañá no Campionato de España de Tenis de Mesa de Veteranos

Vilagarcía acolle do 16 ao 19 de maio o Campionato de España de Tenis de Mesa de Veteranos, un evento que contará coa participación de 500 xogadores procedentes de todas as comunidades autónomas do país –excepto La Rioja- e que se desenvolverá en Fexdega. A actividade está organizada pola Asociación Española de Jugadores Veteranos de Tenis de Mesa e o Club Vilagarcía Tenis de Mesa coa colaboración da Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía.
15.05.2024.- O campionato promete ser todo un espectáculo, tanto polo número de participantes, como pola infraestrutura montada para a súa celebración. De feito, o pavillón de Fexdega está xa sementado coas 40 mesas nas que se disputarán as partidas durante os próximos catro días.

O campionato xogaranse nas modalidade de equipos, dobres, dobres mixtos e individuais, tanto masculinos como femininos. E as categorías establécense por grupos de idade a partir dos 40 anos (máis de 40, máis de 50, 60, 65, 70, 75 e 80). Como dato anecdótico, a organización apuntou que esta é a edición que conta con maior participación feminina e na que están inscritas 12 persoas de máis de 80 anos.

A presidenta da AEJVTM, Marta Pajares, agradeceu a colaboración do Concello para a posta a disposición das instalacións e do persoal necesario para axudar a montar as mesas, e destacou as enormes posibilidades de Fexdega para acoller un evento destas dimensións. “Estas instalaciones son de las pocas que existen en España que nos permiten montar 40 áreas de juego de 10x5 metros cada una. Normalmente, en un pabellón podemos instalar 20, y este recinto nos permite duplicar el número”.

Esta circunstancia animou ao alcalde, Alberto Varela, a poñer de manifesto o seu desexo de que o campionato regrese a Vilagarcía en vindeiras edicións e se sume así á xa extensa lista de eventos deportivos que a cidade acolle ao longo do ano debido ás súas infraestruturas e capacidade organizativa.

A maiores do gran espectáculo que se poderá presenciar en Fexdega nestas catro xornadas, o evento suporá un importante revulsivo para a economía local posto que aos 500 xogadores e aos 40 árbitros que participan nel hai que engadir familiares que os soen acompañar. “Este campeonato es, además, un medio de atraer turismo de calidad, porque los veteranos solemos venir en familia y hacer gasto a donde vamos”, apuntou Marta Pajares.

Neste punto incidiu Antonio Castro, presidente do Club Vilagarcía de Tenis de Mesa e vicepresidente da Federación Galega, que comentou que os hoteis de Vilagarcía e da contorna están repletos coa xente que move o campionato, e que non vai ser doado estes días atopar sitios onde comer, cear ou tomar algo debido á demanda que se vai xerar.

O Campionato de España de Veteranos regresa a Galicia despois de 16 anos, tras a última edición celebrada en Ferrol en 2008. Varela Paz agradeceu ao club e á asociación que elixiran Vilagarcía, “que sempre é un destino moi bo, pero que desta vez, aínda vai ser mellor, posto que coincide coa celebración das festas de Santa Rita, polo que, de seguro, des querer repetir”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -