_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Biblioteca exhibe primeiras edicións e manuscritos de Luísa Villalta cedidos pola familia do editor Francisco Pillado

A mostra bibliográfica que a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro organiza anualmente con motivo do Día das Letras Galegas conta este ano cun aliciente moi especial grazas á xenerosidade da familia do editor Francisco Pillado, que cedeu temporalmente ao centro distinto material de Luísa Villalta Gómez, a autora homenaxeada este ano. O alcalde, Alberto Varela, acompañado dunha das fillas do editor, Ana Pillado, visitaron esta mañá a mostra que se pode visitar ata o 31 de maio na zona de recepción da Biblioteca da rúa Castelao.
18.05.2024.- Ana Pillado -que reside dende hai anos en Vilagarcía e que exerce de profesora no IES O Carril- explicou que para ela era importante e moi especial que este material se exhibise “nesta magnífica biblioteca da que son usuaria, para contribuír a que os meus alumnos, que tamén son usuarios deste centro, e toda Vilagarcía poidan coñecer un pouco mellor a esta polifacética muller que foi Luísa Villalta”. E moi especial é tamén a data na que se abre esta mostra, o 18 de maio, “día do aniversario do meu pai, que hoxe cumpriría 83 anos, e estaría moi contento de que este material de Luísa se amosase aquí”.

Entre os obxectos cedidos para a mostra hai exemplares de primeiras edicións dedicadas pola autora, textos manuscritos por ela, un poema do libro “Música Reservada” que lle dedicou a Ana, mecanoscritos asinados e, o máis recente, un exemplar da edición limitada que o Consello da Cultura Galega publicou este ano sobre á escritora homenaxeada no Día das Letras e que ilustra Ana Pillado.

A filla do editor comentou que este material reflicte a intensa relación profesional e de amizade que unía ao seu pai con Luísa, e que foi moi fecunda no plano artístico. “El foi quen se decatou do inmenso talento que tiña e quen a animou a publicar, facilitándolle a publicación da súa obra nos “Cadernos” da Escola Dramática Galega, e posteriormente na editorial Laiovento, que dirixía. E tamén foi quen moveu os fíos para que Isaac Díaz Pardo lle publicara o seu primeiro poemario, “Música reservada”.

O alcalde agradeceu a Ana e a súa irmá Elena o xesto de ceder temporalmente este material, “que para nós é un luxo poder ter na Biblioteca Municipal, e máis aínda, sendo na primeira mostra que se organiza nestas flamantes instalacións. Estou seguro de que a través del poderemos achegarnos máis de preto á persoa, á poeta e á escritora á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas”.

Neste punto, Ana Pillado expresou o seu desexo de que esta homenaxe a Luísa Villalta non quede nun simple día, senón que se estenda a todo o ano “para festexar a obra desta polifacética muller que foi dramaturga, poetisa, ensaísta, columnista e unha pensadora lúcida e libre que se adiantou en moitos sentidos ao seu tempo. Unha muller moi comprometida, como o demostran as súas publicacións en prensa e nas colaboracións en A Nosa Terra, e cunha sensibilidade exquisita, tamén para a música, xa que era unha excelente violinista que formou parte da 1º Xove Orquestra de Galicia”, explicou Pillado.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -