_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O humor mordaz e corrosivo de Martin McDonagh chega ao Auditorio coa “Entrega en man” de Cándido Pazó

O teatro regresa esta fin de semana á axenda cultural e faino cunha comedia do famoso dramaturgo Martin McDonagh dirixida para a ocasión polo director teatral galego Cándido Pazó e representada pola compañía Contraproducións. Trátase de “Entrega en man”, unha obra louca e denegrida na que, a base dun humor mordaz e corrosivo, zumega os temas do racismo, o machismo e a xenofobia. O espectáculo terá lugar o sábado, 25 de maio, no Auditorio a partir das 20.00 horas.
20.05.2024.- As entradas para esta representación pódense adquirir anticipadamente a través de ataquilla.com (máis custes de xestión) e, de non esgotarse antes, o día da función a partir das 18 horas no Auditorio. A entrada xeral custa 5 euros e a bonificada para titulares do carné xove, persoas maiores e desempregadas, 3.

“Entrega en man” está protagonizada por Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diego Sales.

Sinopse

Na cotrosa habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, dende aquela, leva buscando sen descanso. Un xove negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción.

Con esta representación a Concellería de Cultura de Vilagarcía pecha a programación da Rede Galega de Teatros para o primeiro semestre do ano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -