_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
O Instonians de Belfast encabeza o cartel do III Torneo de Rugby 7 Santa Rita

Vilagarcía volve a acoller un novo evento deportivo. Neste caso trátase do III Torneo de Rugby 7 Santa Rita para a categoría M14, que se desenvolverá o sábado 25 de maio no estadio municipal de atletismo e o campo Manuel Jiménez. Organizado polo club Os Ingleses, coa colaboración da Federación Galega de Rugby e o Concello de Vilagarcía a través da Fundación Municipal de Deportes, o torneo reunirá a 16 equipos procedentes de Galicia, norte de Portugal e Palencia, ademais de ao mítico Instonians de Belfast.
20.05.2024.- A maiores do club anfitrión e o irlandés, o sábado competirán en Vilagarcía Os Mareantes (Pontevedra), Braga Rugby Club, E.R. Astérix (Viveiro), Caldas R.C (Caldas da Rainha), CRAT (Coruña) CR Ferrol, Muralla RC (Lugo), Palencia RC, Colegio Julio Dinis RC (Porto), GD Alcochetense (Portugal), Cercar-TE (Porto), Vigo RC, CR Cortei (Lalín) e Escolinha de Rugby da Trofa (Portugal). Todos eles na categoría de menores de 14 anos.

A competición organizarase nunha primeira fase de grupos (composta por catro) da que se clasificarán para os cuartos de final os dous primeiros de cada bloque. Os equipos que non pasen o corte seguirán celebrando partidos paralelos. En total está previsto que se xoguen uns 50 encontros que, para a categoría M14, teñen dous tempos de 7 minutos cada un.

Como novidade deste ano, a competición para menores de 14 anos incluirá, de forma paralela, una mini copa para a categoría sub 12. Neste caso, os partidos terán dous tempos de 10 minutos cada un.

A terceira edición do Torneo de Rugby 7 Santa Rita presentouse no Concello coa participación do alcalde, Alberto Varela, o concelleiro de Deportes, Carlos Coira, a presidenta de Os Ingleses, Isabel Fernández, o secretario da Federación Galega de Rugby, Javier Fernández, e o director do torneo, David Losada.

Tanto o responsable federativo como a presidenta do club puxeron énfase en que o torneo de Vilagarcía é un dos poucos que existen para a categoría M14, e en que, xa coa súa terceira edición, a intención é consolidalo no calendario de rugby e mantelo no tempo. Isabel Fernández tamén aproveitou para agradecer a axuda da Federación e o “apoio incondicional do Concello de Vilagarcía”, así como as achegas dos patrocinadores privados “que facilitan que esta competición se poida celebrar e que contribúen ao sostemento do club durante todo o ano”.

Pola súa banda, o alcalde agradeceu a Os Ingleses a organización deste evento, “que suma atractivos as nosas festas de Santa Rita”, e o traballo que o club realiza cos deportistas máis novos “fomentando, a través do rugby, valores tan importantes como o esforzo, a disciplina, o compañeirismo, o xogo limpo e a confraternidade entre equipos, que se poñen de manifesto, tanto dentro como fora do campo, con prácticas como a tarxeta branca ou o máis coñecido terceiro tempo”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -