_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O novo contrato da Axuda no Fogar terá un custe de case 10 millóns de euros para os vindeiros 5 anos

O Concello de Vilagarcía someterá á aprobación do Pleno deste mes de maio os pregos que rexerán a licitación do Servizo de Axuda no Fogar a partir de 2025. Cunha duración de dous anos, prorrogables outros tres, o prezo do contrato para o período total de cinco anos ascende a 9.970.115,20 euros. Trátase, xunto co de recollida de lixo e limpeza viaria, do contrato máis cuantioso da administración local, de aí que teña que ser aprobado pola Corporación Municipal.
21.05.2024.- Para efectuar o cálculo do contrato tivéronse en conta dous aspectos fundamentais. Por un lado, garantir a cobertura a todas as persoas que o necesiten e a calidade do servizo que reciben. E por outro, potenciar as cláusulas sociais e as condicións laborais dos traballadores.

Collendo de base o número actual de usuarios cos que conta o SAF de Vilagarcía (121), o novo contrato establece a prestación en 2025 de 71.508 horas de servizo, das que 62.100 serían ordinarias e 9.408 en días festivos. Como é lóxico, os pregos teñen en conta o aumento das horas de traballo a realizar nos seguintes anos en función da previsión das novas altas que se podan producir no servizo.

Unha das novidades do novo contrato é que incorpora os servizos de fisioterapia e podoloxía, que ata o de agora se prestaban aparte. Así, están incluídas a realización de 480 anuais en cada unha das especialidades.
En canto á parte laboral, a empresa que resulte adxudicataria deberá subrogar ao persoal existente na actualidade. Tendo en conta isto, o plantel base quedará composto por 58 traballadores. 55 deles serán Auxiliares de Axuda no Fogar (31 a xornada completa e 24 a xornada parcial), haberá dous postos de coordinador de servizo a xornada completa, e un auxiliar de coordinación, posto de nova creación respecto ao contrato actual e tamén a xornada completa.

Os custes salariais calculáronse en base á estrutura retributiva recollida no convenio colectivo da actividade de Axuda a Domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia e tendo en conta as sucesivas variacións do IPC e a previsión para os vindeiros exercicios.

Camas articuladas, guindastres e andadores por conta da adxudicataria

A maiores do custe de persoal, o importe da prestación do servizo inclúe outros aspectos como a uniformidade, o material de oficina, teléfonos móbiles, quilometraxe e tamén os medios técnicos para a correcta atención ao usuario e a debida protección ao traballador. Neste apartado, o contrato inclúe como obriga da adxudicataria a dotación de 5 camas articuladas con colchóns, 3 guindastres especiais para axudar a levantar e mover a persoas incapacitadas e 2 andadores de dúas rodas.

Tendo en conta os criterios anteriormente comentados para calcular o valor do contrato, os pregos establecen tamén o prezo da hora de servizo que, para 2025 fíxase en 25,21 euros a ordinaria e en 29,33 euros a de día festivo (en ámbolos dous casos co IVE xa incluído). Os prezos para os seguintes exercicios axustaranse, tendo en conta a previsión do incremento do IPC, ata o máximo fixado para o ano 2029 de 27,51 euros a hora ordinaria e 31,94 a de día festivo.

Financiamento mediante copago

Como se sabe, o SAF é un servizo que se financia mediante o sistema de copago entre a administración e o usuario. A cota a abonar por este depende da situación económica da persoa, calculándose os descontos a aplicar en función da súa situación económica, e chegando incluso a ser de balde para as persoas con menos recursos. Os baremos para calcular as bonificacións están regulados mediante unha Orde da Xunta de Galicia.

En canto ao financiamento que corresponde á administración, a maior parte corre a cargo do Concello xa que a suma das achegas procedentes de Xunta e Estado limítase a o máximo de 12 euros a hora, o que obriga a administración local a soportar unha carga económica excesiva. De feito, os concellos galegos, a través da FEGAM, levan anos demandando á Xunta e ao Estado que asuman ao financiamento íntegro do SAF, como establece a Ley de Dependencia.

Presentación ao comité de empresa e á xunta de voceiros

Durante o proceso de elaboración dos pregos do novo contrato do SAF, o goberno local fixo varias consultas ao plantel do servizo para co obxecto de plasmar no documento as necesidades de mellora que se ían detectando. A maiores e como paso previo ao debate no Pleno do xoves 30 de maio, a concelleira de Servizos Sociais, Tania García, ten previsto presentar os pregos ao comité de empresa. Tamén se convocará unha xunta de voceiros para explicar as condicións do novo contrato aos grupos da oposición antes da celebración da sesión plenaria na que deberán aprobarse.

Despois do visto bo do Pleno debe abrirse un prazo de exposición pública e presentación de alegacións. Unha vez resolto este trámite e aprobados definitivamente os pregos, será cando se saque o contrato a licitación co horizonte de que entre en vigor en 2025.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -