_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vista Alegre celebra o día grande de Santa Rita con romaría, procesión e verbena

A contorna do conxunto monumental de Vista Alegre convértese mañá, 22 de maio, no epicentro das festas de Santa Rita. O contraste volverá a ser a principal característica do día grande das celebracións na honra da avogada dos imposibles, ao mesturarse o bulicio típico da romaría co ambiente máis recollido e espiritual dos actos relixiosos e a procesión e cos actos máis lúdicos da Feira Celta e a verbena popular amenizada pola orquestra Los Satélites.
21.05.2024.- A axenda da última xornada das festas inclúe unha nova sesión do Festivaliño on The Road, que pola tarde volverá a aparcar a caravana na zona da Baldosa para invitar aos nenos e nenas a asistir ás proxeccións continuas de curtametraxes infantís.

E dentro da longa lista de actividades de dinamización que se desenvolven no parque da Xunqueira no marco da Feira Celta, para a xornada de mañá engádese un obradoiro de percusión que impartirá o grupo Mapatho. A asistencia é de balde, previa inscrición por orden de chagada, e poderán participar 15 persoas de 12 anos en diante.

AXENDA PARA O MÉRCORES 22 DE MAIO

DE 11:00 A 15:00 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
11:00 Apertura do mercado Celta, cos postos de artesanía, alimentación, obradoiros…
12:00-15:00 Apertura da zona de xogos infantís tradicionais
13:00 Música de percusión no mercado - Mapatho
14:30 Pasarrúas musical polo mercado
15:00 Peche do mercado

12:30 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Asociación Cultural Nosa Sra. da Xunqueira

DE 18:00 A 23:30 [PARQUE DA XUNQUEIRA]
Feira Celta
18:00 – 22:00 Apertura do mercado e da zona de xogos infantís tradicionais
18:30 Obradoiro de percusión para 15 persoas a partires de 12 anos
19:30 e 21:30 Pasarrúas musical polo mercado
20:30 Música de percusión no mercado - Mapatho
23:00 Peche do mercado

17:00-21:00 [RÚA BALDOSA/ VALENTÍN VIQUEIRA]
Festivaliño on The Road 2024
Curtametraxes infantís

18:30 [RÚAS DA CIDADE]
Pasacalles: Asociación Folclórica Os Terribles de Arousa

20:00 [RÚAS DA CIDADE]
Procesión
Percorrido: Saída do Convento de Vista Alegre e continuación por rúa Castelao, praza de Galicia, rúa Conde Vallellano, rúa Juan García, rúa Valentín Viqueira, avda. da Mariña, rúa Conde Vallelano, praza de Galicia e rúa Castelao para finalizar de novo en Vista Alegre.

21:30 [RÚA ALEXANDRE BÓVEDA]
Verbena popular: Los Satélites

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -