FESTAS
Concello e feirantes acordan manter as atraccións das festas un día máis a ofertando prezos reducidos Como broche final ás festas de Santa Rita, a Concellería de Cultura e os feirantes que acoden á celebración acordaron establecer mañá, xoves 23 de maio, o Día do Neno e a Nena, unha xornada na que as atraccións funcionarán con prezos reducidos. Deste xeito, os responsables dos carruseis disporán dun día máis de estancia e de traballo na cidade e o Concello consegue que os vilagarciáns, especialmente o público infantil e a rapazada, poidan gozar do divertimento das atraccións con descontos, facilitando así o disfrute de maior número de cativos.
22.05.2024.- En principio, os feirantes tiñan que desmontar os postos e as atraccións o xoves 23, rematadas as festas de Santa Rita a xornada anterior, pero con este acordo poderán quedar un día máis na praza, tendo que desmontar e abandonala o venres 24.