_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Sociedade Filarmónica de Vilagarcia pecha a tempada co cuarteto feminino do Curtis on Tour

Catro mulleres serán as protagonistas do concerto co que a Sociedade Filarmónica de Vilagarcía clausura a tempada musical 2023/24. A renomeada violinista Shanshan Yao, xunto con Haesue Lee (viola), Jean Kim (violoncelo) e Pallavi Mahidhara (piano) actuarán mañá, venres 24 de maio, no Auditorio Municipal dentro da xira Curtis on Tour que están a facer polas principais cidades e capitais europeas. Comeza ás 20.30 horas.
23.05.2024.- O programa do concerto componse dun trío con piano da compositora indio-estadounidense Reena Esmail e un cuarteto con piano de Antonín Dvořák. Ademais, para pechar os actos conmemorativos do 175 aniversario da morte de Felix Mendelssohn, interpretarán un cuarteto con piano deste gran compositor ao que á SFV tamén dedicou o concerto de inicio da actual tempada.
As protagonistas do concerto foron no seu día destacadas alumnas do prestixioso Curtis Institute of Music de Philadelphia, un centro de referencia mundial na educación musical de novos talentos. Neste centro estudaron grandes estrelas da música clásica como Samuel Barber, Leonard Bernstein, Alan Gilbert, Juan Diego Flórez e Lang Lang, entre outros.

A través do programa "The Nina von Malzahn Global Touring Initiative do Curtis Institute of Music", un día despois do concerto en Vilagarcía, as intérpretes tocarán no Auditorio Nacional de Madrid e, posteriormente, pasarán por cidades como Berlín, París, Múnic e Bremen, o que pon de relevo o enorme privilexio que supón poder gozar da súa música no noso municipio.

As entradas para asistir a este concerto pódense adquirir mañá a partir das 19.30 horas no Auditorio ao prezo de 18 euros. Os socios da SFV asisten de balde.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -