_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello convoca o proceso para crear dez bolsas de emprego na categoría de operarios

O Concello de Vilagarcía vén de poñer en marcha o procedemento para crear dez bolsas de emprego para operarios doutras tantas especialidades correspondentes ao grupo AP (E). A formación destas bolsas realizarase polo sistema de oposición para crear listas coas persoas que a superen. En función das necesidades de persoal que vaian xurdindo, estes traballadores irán sendo chamados por orde de puntuación para cubrir os postos vacantes en calidade de funcionarios interinos. Os interesados en participar nas probas dispoñen ata o vindeiro mércores, 29 de maio, para inscribirse, trámite que poden facer a través do Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede.vilagarcia.gal.
23.05.2024.- Formaranse bolsas de emprego nas especialidades de peón forestal, xardineiro, electricista, albanel, fontaneiro, carpinteiro, soldador, condutor-padexeiro, pintor e condutor de minibarredora.

Para coñecer os requisitos para poder participar no proceso, os prazos e sistema de inscrición, a documentación a presentar, os temarios, o desenvolvemento da oposición e os criterios de puntuación, as persoas interesadas poden consultar as bases da convocatoria na sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal), entrando no apartado de Recursos Humanos (RRHH) e, dentro deste, no epígrafe “Procesos Selectivos”. Tamén aí está dispoñible o formulario para inscribirse, que deberán presentar xunto co modelo de “Solicitude xenérica” que poden obter na portada da sede, no apartado de Secretaría.

A lista coas persoas admitidas ao proceso publicarase na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello, ao igual que as datas e lugar do exame.
O proceso de selección consistirá na realización dunha proba teórica tipo test sobre os temas xenéricos e específicos que se detallan nas bases para cada especialidade. Este exame será excluínte polo que só pasarán á seguinte fase, a da proba práctica, as persoas que a teñan superado. Por último farase un exercicio de coñecemento da lingua galega.

Acelerar as contratacións para cobertura de vacantes

O Concello de Vilagarcía recorre dende hai anos ás bolsas de emprego para cubrir as necesidades conxunturais de persoal que van tendo determinados servizos mediante a contratación de traballadores na modalidade de persoal funcionario interino. Dado que, na maioría dos casos, a necesidade é inminente (para a cobertura de baixas por enfermidade ou acumulación de tarefas en determinadas épocas), co obxectivo de axilizar os procesos de selección e contratación óptase pola creación de bolsas de emprego ás que poder recorrer. Ao estar xa realizados os exames e ter as listas de aspirantes segundo as puntuacións obtidas, a contratación é inmediata.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -