_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello adxudica a reforma dos vestiarios do pavillón de Carril co obxecto de executala nos meses de verán

A Xunta de Goberno Local de Vilagarcía adxudicará o vindeiro luns a reforma dos vestiarios do pavillón de deportes de Carril á empresa Planificaciones, Desarrollo y Gestión de Construcciones por importe de 33.400 euros (IVE incluído), que se financian a través do plan Máis Provincia 24. A oferta desta firma foi a que acadou a maior puntuación no concurso ofrecendo como mellora a ampliación da garantía ata os 3 anos, a redución do prazo de execución, que queda en dous meses, e a instalación dun cartel co nome do pavillón. A idea é que os traballos se executen nos meses de verán, cando rematen as clases no colexio Rosalía de Castro ao que a instalación municipal dá servizo.
24.05.2024.- A obra proxectada ten como finalidade dotar ao pavillón dos equipamentos necesarios para acoller eventos deportivos con asistencia de público. Para isto reformaranse os vestiarios existentes, habilitando un específico para árbitros. Tamén se construirá un aseo adaptado para o público e se ampliará o almacén ocupando unha zona do patio. A mellora inclúe a adaptación das instalacións de electricidade e fontanería ás novas necesidades e usos da infraestrutura e tamén se instalará un sistema de ventilación forzada.

Por último, o proxecto redactado polo Arquitecto Municipal, prevé a substitución da cuberta da zona afectada pola reforma -é dicir, dos vestiarios-, cambiando as láminas de fibrocemento por unha cobertura de panel “sandwich”.

Con este investimento, o goberno local cumpre o compromiso adquirido no seu día cos clubs deportivos que fan uso do pavillón (o de balonmán e o de fútbol sala) e dá un paso máis no seu plan de mantemento e mellora das infraestruturas deportivas municipais. Ademais, de forma complementaria e en paralelo a este proxecto, o Concello tamén ten previsto actuar na cuberta para poñer fin ás filtracións que sofre o pavillón.

Cómpre salientar que o Concello de Vilagarcía é un dos municipios de Galicia que conta coa rede máis ampla de infraestruturas deportivas municipais xa que, ademais das instalacións do complexo multideportivo de Fontecarmoa (no que se asentan os dous pavillóns, a piscina, as canchas de tenis, o campo de fútbol Manuel Jiménez e as pistas de atletismo) conta con cinco campos de fútbol e outros cinco pavillóns máis pequenos distribuídos polas parroquias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -