_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Copa Galicia de PumpTrack converterá A Florida nunha gran festa de acrobacias e música

A celebración da Copa Galicia de Pump Track -1º G.P. Vilagarcía o vindeiro sábado, 1 de xuño no circuíto da Coca será moito máis que unha competición deportiva. A maiores do espectáculo das vertixinosas acrobacias que realizarán os participantes no evento, o ambiente festivo reinará todo o día no barrio da Florida, que porá o broche de ouro á xornada cunha animada discoteca móbil que se prolongará ata a media noite.
24.05.2024.- Os mellores deportistas galegos nesta espectacular disciplina que é o Pump Track daranse cita o sábado en Vilagarcía para participar nesta segunda proba da Copa Galega que organiza a Federación Galega de Ciclismo a través do club Arousa Bike BTT e coa colaboración da Fundación Municipal de Deportes e da Concellería de Turismo do Concello de Vilagarcía.

A competición presentouse no Concello coa presenza do alcalde, Alberto Varela, os concelleiros de Deportes e Turismo, Carlos Coira e Álvaro Carou, o presidente da Federación, Juan Carlos Muñiz, e o presidente do Arousa Bike BTT, David Janza.

O representante do club anfitrión explicou que, a unha semana do evento, xa estaban inscritos 50 deportistas, número que se espera multiplicar nas vindeiras xornadas. A cota de inscrición sitúase nos 250 participantes.

A Copa desenvolverase en 24 categorías (12 na modalidade masculina e outras tantas na feminina) que cobren a ampla franxa de idades que vai dende os alevíns aos máster 60. Os deportistas interesados en participar dispoñen de prazo ata as 23.59 horas do día 29 de maio para anotarse a través da web fgalegaciclismo.es.

O público poderá presenciar as acrobacias dos participantes a partir das 13.00 horas, cando comezarán as roldas de adestramento no circuíto. Ás 16 horas dará comezo a primeira manga da competición e a segunda desenvolverase entre as 18 e as 19.30 horas. A continuación realizarase a entrega de trofeos, establecéndose por primeira vez un premio ao mellor equipo.

A organización encargarase de ofrecer avituallamento aos participantes, que tamén recibirán como agasallo unha camiseta técnica conmemorativa.
O presidente federativo agradeceu o traballo realizado polo club Arousa Bike tanto para fomentar as disciplinas deportivas ligadas á bicicleta, como pola súa iniciativa á hora de promover a celebración de eventos como este. Muñiz tamén agradeceu a colaboración do Concello de Vilagarcía polo apoio que presta aos clubs e polo esforzo realizado para potenciar o deporte en xeral.

Pola súa banda, Alberto Varela lembrou o investimento realizado polo Concello para construír o circuíto de Pump Track homologado para a celebración de competicións oficiais e expresou o seu desexo de que esta Copa de Galicia que se celebra por primeira vez na cidade, se consolide como unha cita anual no calendario deportivo de Vilagarcía. O rexedor apuntou o dobre obxectivo destes eventos que, "ademais de promover a práctica e o goce do deporte como espectadores, son un importante recurso turístico". O presidente da federación incidiu neste aspecto lembrando que a maioría dos deportistas, especialmente os de categorías inferiores, ademais de contar cos seus adestradores e representantes dos clubs, soen vir acompañados de familiares, o que reporta un beneficio importante para a hostalaría das cidades que acollen as competicións.

Por iso o goberno local pretende aproveitar o efecto dinamizador do evento, converténdoo nunha xornada festiva con actividades complementarias que contribúen a atraer público e a xerar actividade na contorna da Coca e da Florida. De aí o remate coa discoteca móbil que corre a cargo da Concellería de Turismo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -