_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A modernización dos mercados públicos continúa coa mellora da Praza da Verdura e os frigoríficos para a de Vilaxoán

O Concello de Vilagarcía continúa apostando forte pola modernización e potenciación dos mercados de abastos municipais. As importantes actuacións desenvolvidas nos últimos anos nas prazas de abastos de Vilagarcía e Vilaxoán implementaranse nos vindeiros meses con dous novos investimentos promovidos pola Concellería de Promoción Económica e que acaban de saír a licitación. Trátase do subministro da maquinaría de frío para a Praza de Abastos de Vilaxoán e o acondicionamento do Praza da Verdura de Vilagarcía. En conxunto os investimentos suman 175.070 euros.
25.05.2024.- A actuación máis importante polo seu orzamento é a que afecta ao pavillón da verdura. Licítase por 174.240 euros que se financian cos fondos Next Generation, no marco do proxecto de Mellora, Revitalización e Resiliencia dos Mercados Tradicionais e das Zonas Comerciais Urbanas do programa Vilagarcía Viva. Os traballos a realizar teñen como obxectivo mellorar o conxunto da instalación como medio para fomentar os hábitos saudables e a economía circular e suporán o inicio dunha intervención máis ampla que se irá completando con fases posteriores. Nesta, os traballos centraranse en resolver o problemas e carencias máis urxentes que presenta o edificio, tanto no interior como no exterior.

O proxecto redactado polo arquitecto Alberto Redondo -o autor do deseño da nova Biblioteca- prevé a rehabilitación dos aseos públicos, incluíndo a renovación de todas as instalacións e a construción dun aseo adaptado á normativa de accesibilidade. Co obxecto de gañar luminosidade no interior do edificio e de que a actividade poida visualizarse dende o exterior, abriranse novos ocos na fachada que permitan a entrada de luz natural. Para incidir neste efecto de luminosidade no interior tamén se pintarán os paneis do teito da estrutura vista da cuberta.

O proxecto prevé a substitución da instalación de evacuación das augas pluviais da cuberta por unha nova situada na parte externa que evite a entrada de auga ao interior do edificio. O aleiro exterior que bordea as fachadas substituirase debido ao mal estado de conservación que presenta e que é a causa de filtracións. Ademais, repararanse e rehabilitaranse as fachadas, que se limparán e pintarán como paso final da obra. Por último, substituiranse as portas do edificio.

O segundo contrato que vén de licitarse é o do subministro e instalación de equipamentos frigoríficos para a Praza de Abastos de Vilaxoán. A medida, que xa fora anunciada polo alcalde durante a vista realizada ao edificio para comprobar o resultado das obras de remodelación levadas a cabo, supón un investimento de 27.830 euros e permitirá renovar toda a maquinaria existente. O contrato inclúe a adquisición de tres cámaras frigoríficas: unha para froitas, outra para a carne e unha terceira para peixe que se colocará debaixo do mesado das pescantinas.O contrato tamén inclúe unha vitrina expositora con frío ventilado para exhibir produtos de carnicería e charcutería.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -