_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Travesía a Nado polo Dano Cerebral regresa o 6 de xullo á praia do Preguntoiro

A praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, repetirá como escenario da Travesía a Nado Polo Dano Cerebral que organizan a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), a Asociación Deportiva Cultural Arousaman Manolo O Nacho e a Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía. A proba vai ter lugar o sábado 6 de xullo e, como na súa primeira edición, en 2022, inclúe a participación dun grupo de nadadores e nadadoras con dano cerebral adquirido que levan todo o ano adestrando co equipo de Arousaman-Arousawoman.
27.05.2024.- A Travesía enmárcase na liña de actuación que FEGADACE desenvolve para o fomento do ocio e do deporte inclusivo para persoas con dano cerebral, prestándolles os apoios necesarios para a participación nese tipo de actividades, garantindo a accesibilidade universal e o exercicio do dereito ao ocio de todas as persoas. Trátase dunha proba solidaria e non competitiva que ten como obxectivos dar visibilidade ao dano cerebral adquirido e promover hábitos de vida saudables que, a través do deporte, contribúan á prevención do dano cerebral adquirido e, máis concretamente, da súa principal causa, o ictus.

Inscrición e Dorsal 0

A inscrición na proba está aberta ata as 23.59 horas do 30 de xuño. Conta con dúas categorías, 900 e 1.800 m. O percorrido será o mesmo para as dúas, só que na segunda daranse dúas voltas.

As inscricións realízanse a través do formulario que se pode atopar na páxina web de Champion Chip Norte. O prezo da inscrición, independentemente da distancia percorrida, é de 20 euros. Todas as nadadoras e nadadores van recibir como agasallo un gorro e unha camiseta conmemorativa. Ademais, o importe inclúe avituallamento na chegada e demais cuestións loxísticas, de seguridade e apoio para a correcta realización da Travesía.

Os requisitos para participar son ter 18 anos cumpridos o día da proba e nadar con boia de seguridade. O uso de neopreno será optativo. Poden participar nadadores e nadadoras federadas e non federadas.

As persoas que non poidan asistir no día da Travesía pero desexen realizar unha participación solidaria poden colaborar realizando unha achega ao Dorsal 0, dispoñible tamén na web de Champion Chip Norte.

A saída da proba está prevista para as 17:00. Todos os nadadores e nadadoras deberán estar na praia dez minutos antes. Ademais, a recollida de dorsais e validación da inscrición vai estar dispoñible no Centro Sociocultural e de Deportes de Vilaxoán, a carón da praia do Preguntoiro, desde as 14:30 ata as 16:30. Nesas mesmas instalacións está dispoñible o servizo de gardarroupa e vestiarios.
Todos estes e outros detalles están recollidos no regulamento da proba. Para calquera dúbida, pódese contactar coa organización en
polodanocerebral@fegadace.org ou no teléfono 881 943 148.

Semanas de adestramento inclusivo

Os nadadores e nadadoras con dano cerebral adquirido están a realizar un programa de adestramentos na compaña de Arousaman-Arousawoman. Parte do adestramento é probar as augas abertas e, en concreto, o lugar real de realización da proba. Así, o grupo estará na Praia do Preguntoiro os días 8 e 29 de xuño a partir das 9:15 da mañá.

Amplo abano de apoios

Ademais da implicación do Concello de Vilagarcía, FEGADACE e Arousaman-Arousawoman contan con máis entidades apoiando e financiando a Travesía a Nado Polo Dano Cerebral. Colaboran a Consellería de Política Social e Igualdade, a Fundación José Otero-Carmela Martínez, e o conxunto de financiadores que colaboran no Proxecto Rumbo, do que se achega información a continuación.

Sobre o Proxecto RUMBO

O ‘Proxecto RUMBO: cara a un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva’ é unha iniciativa colaborativa desenvolta entre distintas confederacións do Terceiro Sector da discapacidade (COCEMFE, ASPACE, Impulsa Igualdad, FEDACE e AUTISMO ESPAÑA). O obxectivo é impulsar o deseño de modelos innovadores de apoio á autonomía persoal e a vida independente de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con maiores necesidades de apoios, mediante a combinación de servizos e recursos que poidan facilitar unha forma de vida inclusiva na sociedade en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar.

Este proxecto, que conta coa participación de 22 entidades destas
confederacións repartidas en cinco comunidades autónomas, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ligado á súa vez aos fondos Next Generation da Unión Europea.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -