_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A mellora do camiño da rúa Canto, en Sobrán, sae a licitación cun investimento de 80.000 euros

O plan de mellora e mantemento da rede viaria municipal de Vilagarcía continuará cunha nova actuación na parroquia de Sobrán. Trátase do acondicionamento do camiño da rúa Canto, obra que o Concello vén de sacar a licitación cun orzamento de 79.863 euros (impostos incluídos), que se cofinancian cunha achega da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). A obra ten un prazo de execución de tres meses e as empresas interesadas dispoñen ata o 17 de xuño para presentar as súas ofertas.
27.05.2024.- O camiño sobre o que se vai actuar atópase actualmente bastante deteriorado debido ao desgaste polo intenso tráfico que soporta, destacando a presenza de fendas e de fochancas que dificultan o tránsito e representan un risco para a circulación. Para resolver estas deficiencias e atender ás necesidades da veciñanza da zona, o Concello programou a obra que, ademais de renovar por completo a capa de rodadura, incluirá outras melloras, como o acondicionamento da rede de drenaxe ou a construción de lombos redutores de velocidade.

Para que o firme quede nas mellores condicións, fresarase a capa de rodadura actual para, a continuación, botar unha nova de 6 centímetros de grosor. Ademais, a renovación do tramo da rede de drenaxe incluirá o correspondente levantamento e reposición das tapas das arquetas.

Actualmente o camiño presenta un ancho variable coa alternancia de estreitos tramos de 4 metros con outros que chegan ata os 10, o que, ademais de dificultar a circulación, supón un risco tanto para os vehículos como para os peóns. Pos iso, para mellorar a seguridade viaria, os traballos aproveitaranse para ensanchar a vía nas zonas onde sexa posible, de xeito que o ancho medio do camiño pase a contar con 7,1 metros.

40 camiños mellorados

A rúa Canto súmase con esta obra á longa lista de camiños rurais que se teñen ido mellorando nos últimos tempos en diferentes parroquias do municipio, como a rúa do Souto, en Cornazo, o Camiño Novo de Zamar, as rúas Ardinso e García Hermo en Gillán, ou rúa Xiabre, por citar só as m. En total, as vías acondicionadas ascenden a 40.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -