_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Xuventude abre a inscrición para os tres campamentos de verán destinados á rapazada de 8 a 12 anos

A Concellería de Xuventude do Concello de Vilagarcía abre mañá a inscrición para participar no Naturate, o programa de campamentos urbanos destinados á rapazada de 8 a 12 anos. O departamento que dirixe Álvaro Carou oferta 60 prazas a repartir entre as modalidades medioambiental, ecoartística e multiaventura, cada unha das cales se desenvolverá ao longo dunha quincena dos meses de xullo e agosto. A participación é de balde e o período para anotarse vai do 29 de maio ao 7 de xuño.
28.05.2024.- Cos campamentos urbanos de verán, a Concellería de Xuventude busca proporcionar unha alternativa didáctica e de ocio saudable á rapazada do municipio para que ocupen o seu tempo de lecer durante as vacacións estivais. Para isto ofrécelles unha ampla variedade de actividades que contribúan a reforzar os contidos educativos dun xeito lúdico a través dun proxecto educativo inmersivo.

Os campamentos temáticos están dirixidos a rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 2012 e o 31 de decembro de 2016. Cada un deles conta con 20 prazas que se adxudicarán por rigorosa orde de inscrición. Todas as actividades terán como base o Auditorio e incluirán visitas, excursións e obradoiros ao aire libre a realizar de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

Modalidades e actividades

O campamento ecoartístico desenvolverase durante a quincena que vai do 3 ao 16 de xullo. No seu programa destacan os percorridos por diferentes espazos naturais do municipio, un obradoiro de cerámica e outro de elaboración de instrumentos musicais, actividades de animación musical e baile, teatro, maxia , así como visitas á illa de Cortegada e ao Museo do Ferrocarril.

A segunda actividade, a medioambiental, realizarase durante a quincena do 17 ao 31 de xullo e todas as súas actividades gardarán relación coa natureza. Así, os participantes farán un roteiro polo parque da Coca para identificar invertebrados. Tamén visitarán a illa de Cortegada, o monte Xiabre o Castro Alobre e o Refuxio de Animais de Pinar do Rei e realizarán unha actividade intermareal na praia da Concha-Compostela e outra de temática ornitolóxica de avistamento de aves.

Por último, o campamento multiaventura terá lugar do 1 ao 14 de agosto. Nel, a maiores da visita a Cortegada e ao Museo do Ferrocarril, a rapazada realizará diferentes xogos deportivos na praia, carreiras de orientación, busca de tesouros e xeocaching histórico.

Requisitos e inscrición

A maiores da condición de idade xa comentada e de que os solicitantes estean empadroados en Vilagarcía, dado que os campamentos de verán ofrécense como unha medida de conciliación, outro dos requisitos a cumprir é que os dous proxenitores teñan ocupacións laborais, situación que deberán poder acreditar. Tamén se admitirá a fillos de persoas que, aínda non estando empadroadas en Vilagarcía, poidan acreditar que desempeñan as súas ocupacións laborais no municipio.

Os interesados en asistir aos campamentos de verán deberán presentar a solicitude debidamente cuberta, xunto coa documentación requirida, dentro do prazo establecido. A presentación farase preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica do Concello ( sede@vilagarcia.gal ). Tamén poderán presentala presencialmente no Rexistro Xeral, de luns a venres, en horario de 8.30 a 14.30 horas. Na solicitude deberán indicar por orde de preferencia á modalidade do campamento no que desexan participar.

Tanto as bases que regulan esta convocatoria como o formulario de solicitude poderán consultarse no taboleiro de anuncios de http://www.vilagarcia.gal e da sede.vilagarcia.gal. Nas bases indícase todo o procedemento de solicitude e a documentación a achegar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -