_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O alcalde coñece de primeira man o proxecto dun profesor da UVigo para frear do deterioro dos espazos naturais

Frear o deterioro que están a sufrir os espazos naturais, especialmente en zonas tensionadas como as Rías Baixas, é o obxectivo principal do proxecto persoal que promove o vilagarcián Óscal Briones, profesor do Grado de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación Observatorio da Gobernanza. Co obxectivo de dar coñecer a súa iniciativa e tratar de introducir a problemática no debate público, Briones presentoulle o proxecto ao alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, nunha reunión celebrada no Concello.
28.05.2024.- O profesor explicou que o cambio que está a sufrir a paisaxe galega debido á presión sobre o litoral e á deforestación dos seus montes, lonxe de ser un asunto meramente estético, é un problema con graves repercusións no medio ambiente. Maila recoñecer que actualmente a sociedade está moi concienciada sobre o coidado do medio, Briones alertou sobre a urxencia de pasar á acción, “porque corremos o risco de chegar tarde”.

O vilagarcián referiuse especialmente á continua desaparición de masa forestal que están a sufrir moitos montes galegos para ser transformados en superficies de cultivo intensivo, un cambio que implica a perda dos “pulmóns naturais” de moitos municipios e tamén de espazos naturais de recreo e esparexemento.

Para tratar de frear esta práctica cada vez máis frecuente no solo rústico, o profesor propón a implicación da iniciativa pública e da privada con medidas como a protección lexislativa de determinados espazos, que poden declararse parques naturais, ou mediante a compra ou cesión de uso de terreos para a súa conservación. En canto ao financiamento destas últimas, apunta como alternativa os créditos ao carbono cos que as empresas poden compensar os efectos contaminantes que xeran as súas actividades. “Aínda que é unha media controvertida, adquirir bosques ou montes para protexelos sería un xeito de reverter parte do dano causado”. A maiores desta iniciativa de Responsabilidade Social Corporativa das empresas, o proxecto de Briones tamén formula o “crowdfounding” como exemplo de responsabilidade colectiva ao que poder recorrer para preservar espazos naturais.

O proxecto do vilagarcián completaríase cunha segunda fase a máis longo prazo co denominado “rewilding”. É dicir, unha vez que se consigue frear o deterioro medioambiental e protexidos os terreos de bosque ou monte, o seguinte paso a dar sería “reconstruílos” ou “renaturalizalos”. Isto é, introducir neles especies autóctonas ou endémicas desaparecidas da zona, de xeito que a restauración ecolóxica devolva o equilibrio natural ao territorio e permita avanzar nun desenvolvemento rural sostible.

Un proxecto que “encaixa na filosofía medioambiental do Concello”

O alcalde agradeceu a Briones que elixira a súa cidade natal e onde reside para presentar esta “interesante iniciativa”, engadindo que “encaixa perfectamente na filosofía medioambiental que defendemos dende o goberno local para preservar os nosos espazos naturais e recuperar as zonas degradas con medidas como as axudas á conservación e mantemento dos montes, a rexeneración do litoral e a apertura da cidade ao mar”. Varela comprometeuse a trasladar a problemática e o proxecto a outras administracións e ao ámbito empresarial co obxectivo de tratar de buscar fórmulas de colaboración que permitan desenvolver algunha das iniciativas propostas no proxecto de Briones.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -