_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FORMACIÓN
Os socorristas do Labora Xove practican o salvamento acuático en ríos con dúas xornadas de traballo no Ulla

O alumnado da especialidade de socorrismo do obradoiro de emprego Labora Xove 2023 realizou dúas xornadas de traballo no río Ulla para practicar as técnicas de salvamento acuático en ríos, inundacións e situacións de crecidas. Os exercicios están incluídos no programa práctico a desenvolver durante a etapa formativa co obxectivo de que o alumnado conte coa preparación e a destreza necesarias para intervir en todo tipo de intervencións de rescate acuático e poida obter a titulación oficial para desempeñar profesionalmente este oficio.
29.05.2024.- As xornadas realizáronse nun tramo do río Ulla próximo a Padrón. Dirixidos por monitores especializados, o alumnado recibiu formación teórica e práctica sobre o manexo de cordas e equipos de seguridade no medio fluvial e sobre como interpretar e cruzar as correntes. Ademais, practicaron o salvamento a unha persoa arrastrada pola corrente do río e as técnicas de auxilio a vítimas conscientes e inconscientes.

Esta formación forma parte do certificado de profesionalidade que están a cursar e que lles habilitará, nun futuro próximo, para exercer como socorristas, tanto en piscinas como en espazos naturais como praias marítimas e fluviais.

O Programa de Emprego Labora Xove, promovido polo Concello de Vilagarcía de Arousa, enmárcase nas estratexias de emprego para persoas mozas do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e está financiando con Fondos Europeos nun 60% a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -