_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
Rodrigo de Mendoza recupera o dobre sentido da circulación en toda a avenida

A circulación rodada en Rodrigo de Mendoza volverá á normalidade a partir de mañá coa reapertura do carril pechado no último tramo da avenida por motivo das obras de saneamento que está a executar Augas de Galicia. Será a última hora da mañá cando esta arteria do tráfico recupere os dous carrís da circulación de forma definitiva. Os traballos continuarán a próxima semana no tramo da vía que discorre entre Fexdega e a finca Douro, pero non afectarán á circulación de vehículos. Simplemente será necesario suprimir temporalmente a liña de aparcamentos, que é por onde se instalará a nova canalización.
30.05.2024.- As melloras no saneamento continúan tamén polo fronte de Valle-Inclán, onde un sentido da circulación está regulado con semáforos dende principios desta semana. Segundo comunicaron dende a adxudicataria, a situación nesta zona complicouse algo máis do esperado debido ao elevado número de servizos que discorren polo subsolo e ao enmarañadas que se atopan as canalizacións, o que obriga a ir máis lento para non romper ningunha instalación.

Por outra banda, responsables da adxudicataria explicaron que o parque infantil da Xunqueira poderá estar reposto e aberto ao público coincidindo co inicio das vacacións escolares. A empresa xa contratou os elementos a instalar –haberá dous xogos novos- e están a espera de que lle sexan subministrados para rematar a actuación na zona infantil.
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -