_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os puntos de carga para vehículos eléctricos das prazas de Vilagarcía e Vilaxoán ábrense á cidadanía durante tres meses

Os puntos de carga habilitados polo Concello nas prazas de abastos de Vilagarcía e Vilaxoán están operativos dende hoxe. Co obxectivo de avanzar nas políticas de descarbonización mediante o fomento do vehículo eléctrico, as estacións serán de uso gratuíto durante os próximos tres meses. As instalacións funcionarán mediante unha aplicación móbil e estarán operativas durante as 24 horas do día, permitindo un tempo máximo de carga de 4 horas por usuario. Este novo equipamento tamén dará uso aos vehículos municipais eléctricos, neste caso mediante un sistema de carga con tarxeta.
30.05.2024.- A instalación das estacións de carga para coches eléctricos é unha das medidas de modernización e mellora dos mercados públicos que está a desenvolver a Concellería de Promoción Económica a través do programa Vilagarcía Viva, financiado cos fondos europeos Next Generation. A actuación incluíu ademais a instalación dun sistema fotovoltaico para autoabastecemento da Praza de Abastos de Vilagarcía. As placas solares instaladas sobre a nave da verdura xa están colocadas e listas para funcionar tan pronto como se dispoña dos permisos de Fenosa e da Consellería Industria.

Nese momento, o sistema fotovoltaico xerará enerxía para autoconsumo do mercado de Vilagarcía, incluída a estación de carga (dotada de dúas tomas). Pero ademais, permitirá traspasar electricidade a outros edificios municipais situados a un radio máximo de 2 quilómetros, como o Auditorio, a Biblioteca ou o propio Concello.

A instalación dos cargadores eléctricos e do sistema fotovoltaico executados pola firma Lumea Soluciones Eléctricas supuxo un investimento de 84.790 euros. Esta actuación implementarase en breve coa adquisición dun vehículo eléctrico para a posta en marcha do sistema de reparto a domicilio dos produtos adquiridos nos mercados vilagarciáns. Este equipamento está en proceso de licitación e conta cun orzamento de 48.800 euros tamén financiados cos fondos europeos.

O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou, visitaron esta mañá o punto de carga da praza vilagarciá para comprobar o seu funcionamento. Tamén inspeccionaron os traballos de mellora da accesibilidade que acaban de comezar no tramo do paseo García de Caamaño que discorre tras o edificio da praza. Con esta actuación acondicionarase un espazo que se atopaba en mal estado debido ao paso de vehículos de carga e descarga da praza e do mercado ambulante. Para resolver esta situación habilitarase un corredor central de formigón, similar ao das novas beirarrúas de Alexande Bóveda, para o paso de vehículos. Os laterais do paseo manteranse coas lousas de pedra. Esta obra precisa dun investimento de 34.000 euros a financiar cos Next Generation.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -