_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O bolero máis tradicional empodérase en Carril co concerto de las Antonias

O Ágora Vermú fai escala este domingo, 2 de xuño, en Carril coa actuación de Las Antonias, a banda galega composta integramente por mulleres e cuxo traballo se caracteriza por reinterpretar as cancións tradicionais de xéneros como o bolero para darlles unha lectura de empoderamento feminista. O concerto organizado pola Concellería de Cultura celebrarase a partir das 13.00 horas na Praza da Liberdade.
31.05.2024.- Las Antonias levan traballando dende o ano 2015 coa intención de iluminar ao público con moito humor e empoderamento persoal. No seu repertorio predominan os boleros, pero a súa música enriquécese tamén co pop, a rumba e ate os ritmos ska. Os seus directos son unha festa interxeracional, con versións de onte actualizadas para os días que corren, e con letras feministas para unha festa ateigada de sensualidade, loita e diversión.

O de Carril será o cuarto dos cinco concertos programados na actual edición do Ágora Vermú. Os anteriores desenvolvéronse na rúa Méndez Núñez, no Piñeiriño e en Vilaxoán, conde actuaron Adrián Costa, FlaMeco e Néstor Pardo respectivamente. A última sesión celebrarase o 9 de xuño nos Duráns e correrá a cargo de Onfire Quartet.

O Ágora Vermú é un programa deseñado e promovido pola Concellería de Cultura co obxectivo de ampliar a oferta cultural fora da tempada de verán. A demais de descentralizar a actividade cultural levándoa a diferentes lugares do municipio, ao tratarse de sesións matutinas buscase chegar tamén ao público infantil e xuvenil, os futuros consumidores de música e de cultura.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -