_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Vilagarcía, Cidade de Libro máis diverso e integrador vólcase na pomoción de autores consagrados e dos novos talentos

A deste ano será a edición máis diversa e integradora do Vilagarcía, Cidade de Libro en canto a xéneros, temáticas, autores e públicos. Unha edición que se desenvolverá do 11 ao 16 de xuño na Praza da II República e o Parque Miguel Hernández e que se envorcará en promover todo tipo de literatura entre lectores de todas as idades e en promocionar, tanto a escritores consagrados da talla de Lorenzo Silva, Nativel Preciado ou Javier Sierra, como aos novos talentos que están despuntando nas nosas letras. E todo cunha especial atención aos creadores e creadoras galegas.
31.05.2024.- O alcalde, Alberto Varela, acompañado dos concelleiros de Xuventude e de Cultura, Álvaro Carou e Sonia Outón, foi o encarado de presentar o programa completo do Vilagarcía Cidade de Libro que este ano leva por lema “Do que se come, se cría”. O rexedor destacou que “estamos ante un evento consolidado e moi esperado na cidade e polos propios autores, moitos dos cales, despois de participar nunha edición, interésanse por volver a participar”.

Formato innovador que transversal


O éxito dunha iniciativa que chega á cuarta edición débese ao seu orixinal e innovador formato, que dista moito de ser unha simple feira do libro, xa que integra toda unha serie de actividades relacionadas coa literatura (teatro, actuacións musicais, contacontos, presentacións e firma de libros, stands de venta e conversas entre autores) amparadas baixo un mesmo fío argumental en cada xornada.

Así, o día dedicado á poesía leva por título “Cen poemas de amor…” e conmemoración do centenario da publicación da obra de Pablo Neruda “Veinte poemas de amor y una canción desesperada”. Os poetas Lúa Mosquetera, Ismael Ramos e Afra Torrado serán os protagonistas da conversa ao solpor.
“VGA en negro” é o epígrafe baixo o cal se desenvolverá a segunda xornada do evento na que o misterio, a intriga e a investigación policial están aseguradas, e o público poderá escoitar e interactuar con escritores como Lorenzo Silva, Pedro Feijoo, Arantza Portabales (unha asidua á cita de Vilagarcía), Noemi Trujillo e Rober Caggiao.

Os sentimentos, as emocións, a intelixencia emocional e a psicoloxía serán os temas que se tratarán na xornada “Emocións de papel”, na que intervirán Ángel Martín (que regresa ao evento vilagarcián), Bernardo Pajares, Ramón Guinarte e Juanra Sanz.

O compromiso social e o activismo centrarán a xornada denominada “Literactivistas”, na que representantes de distintos movementos e colectivos presentarán os seus traballos e exporán as súas vivencias e opinións en relación coas temáticas feminista, LGTBIQ+ ou o conflito palestino. E para iso contarase coa presenza de firmas como a de Anan Abdalah, Alfonso Armada, Manuel Jabois (que tamén repite na Cidade de Libro) e A. Castromil.

As aventuras e as viaxes, físicas, temporais ou iniciáticas, dan contido á xornada das “Viaxes literarias”, na que a conversa ao solpor contará coa participación de Javier Sierra, Manuel Loureiro e Ulises Bertolo. Dentro dos obxectivos transversais que ten este evento para divulgar e poñer en valor os recursos históricos, naturais e patrimoniais da cidade, este día falarase da tradición Xacobea e do papel de Vilagarcía nela a través da Orixe de Todos os Camiños.

O último día dedícase integramente ás escritoras, á literatura en feminino, e leva por título “A biblioteca das mulleres extraordinarias”. Será unha xornada especial na que todas as actividades estarán centradas na obra de creadoras e na que participarán Nativel Preciado, Ángela Banzas e Paula Carballeira (outras dúas escritoras que repiten) e Montse Fajardo.

Ángela Banzas presenta en Cortada a súa obra ambientada na illa

Tamén dentro desta labor de promoción do patrimonio local a través do Vilagarcía, Cidade de Libro, Cortegada será o escenario no que se desenvolva a presentación de “La sombra de la rosa”, a novela ambientada na illa carrilexa que Ángela Banzas escribiu despois de participar nun acto dunha edición anterior do evento literario.

No apartado dirixido ao público infantil e xuvenil, o Vilagarcía Cidade de Libro volve a contar co Literatour, o programa de xogos e xincanas literarias que se celebrará polas mañás e no que tomarán parte sete centros educativos do municipio. Como novidade deste ano, a actividade inclúe unha unidade didáctica sobre Luisa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas, e sobre a que os escolares están xa traballando nos seus centros. E pola tarde, os libros cobrarán vida no Recuncho dos Contos, con obradoiros, xogos, contacontos e teatro.

Sete librarías e editoriais

O Vilagarcía, Cidade de Libro complétase co aparato expositivo. Un total de cinco librarías locais, dúas editoriais e unha asociación disporán de caseta na mostra que, para maior comodidade dos participantes, se celebrará este ano nos corredores do parque Miguel Hernández. Son as librarías Follas Novas Arousa, Vidal, Nobel Arousa, Metrópolis Cómics Arousa, Hojas de Lorien, a asociación Mesa das Verbas e as editoriais Vento Norte e Tazalunar Books.

Consulta o programa completo do Vilagarcía, Cidade de Libro:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -