_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
Vilagarcía e as súas empresas promociónanse no Salón de Turismo de Galicia a través do stand do Concello

A iniciativa pública e a privada volven a colaborar en Vilagarcía co obxectivo de promocionar a actividade turística no municipio e ás empresas locais. Desta ocasión fano acudindo ao Salón de Turismo de Galicia que se está a celebrar en Silleda e a onde Concello e empresas do sector acoden da man para dar a coñecer os recursos e atractivos turísticos da cidade, así como a calidade dos seus produtos máis exquisitos.
01.05.2024.- Para acadar este obxectivo o Concello alugou un espazo propio na feira que, ademais de aproveitar para promocionar a cidade no seu conxunto e eventos como a Festa da Ameixa ou a Festa da Auga, puxo a disposición de empresas locais para que tamén elas poidan dar a coñecer os seus servizos e produtos neste gran escaparate dirixido principalmente a operadores e axencias turísticas, pero que tamén recibe a visita dunha gran cantidade de público a título particular.

Empresas como Corticata ou a asociación Amarcarril están presentes no stand municipal para dar a coñecer e promocionar as rutas e talleres de marisqueo e as visitas a Cortegada. De igual xeito, o espazo habilitado pola Concellería de Turismo acolle material expositivo da conserveira Os Peperetes, da adega Eladio Piñeiro e do Tren Turísticio-Silest.

Con este tipo de colaboración, o departamento que dirixe Álvaro Carou pretende que touroperadoras e axencias coñezan a oferta vilagarciá e a inclúan nos seus paquetes turísticos, ademais de captar visitantes particulares entre o público que acode a esta gran mostra do turismo de Galicia que remata mañá, domingo 2 de xuño.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -