_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O Festivala regresa coa música en feminino e reivindicando a igualdade a través do humor de Henar Álvarez

“O humor, unha ferramenta fundamental na vida e tamén para o feminismo e a loita pola igualdade” é o tema sobre o que xira a oitava edición do Festivala-Mulleres Creando, o festival organizado polo colectivo feminista O Soño de Lilith, en colaboración co Concello de Vilagarcía, que se desenvolverá o vindeiro sábado, 8 de xuño, a partir das 19 horas na Praza da II República. Cun cartel de luxo que contará coa participación da cómica e comunicadora Henar Álvarez, o apartado musical inclúe os concertos de Fillas de Cassandra, Brassica Rapa, Zeltia Irevire, Argallo e Señora DJ. A modo de petisco, o programa abríase hoxe, 1 de xuño, co obradoiro “A risa, unha ferramenta revolucionaria”, impartido por Baia Fernández.
01.06.2024.- Henar Álvarez será a encargada de abrir a xornada do Festivala coa presentación da súa novela “Ansia” e participando no posterior coloquio. A guionista e colaboradora do programa Buenismo Bien da Cadena Ser é todo un referente do activismo feminista no ámbito nacional e destaca por facer uso do humor para espertar conciencias.

A continuación darán comezo os concertos contando con formacións femininas de máxima actualidade no panorama musical galego.

Todas as actividades son de balde, principal filosofía do Festivala, “que ten como obxectivo dar acceso a todo o mundo á cultura desde a perspectiva de xénero e dar visibilidade ás mulleres creadoras nun sector no que apenas tiñan representación”, explicaron dende a organización.

O VIII Festivala presentouse esta mañá nun acto no que participaron o alcalde, Alberto Varela, e a presidenta do Soño de Lilith, Daysi Alcalde, xunto con outras integrantes do colectivo feminista, as concelleiras de Igualdade, Tania García, e de Cultura, Sonia Outón, e o edil de Turismo, Álvaro Carou.

Daysi Alcalde agradeceu a colaboración que o Concello presta desde sempre ao Festivala, “pero máis especialmente este ano, que aínda nos apoiou máis, se cabe, para poder sacar adiante esta nova edición despois de que a Deputación de Pontevedra nos retirase a súa axuda sen dar ningún tipo de explicación. Entendemos que a igualdade e a loita polos dereitos das mulleres non son unha prioridade da actual Deputación”, sinalou representante do Soño de Lilith.

O alcalde lamentou o “retroceso nas políticas de igualdade que están a sufrir algunhas administracións, como no caso da Deputación de Pontevedra que, despois de ser todo un referente neste ámbito cando a dirixía Carmela Silva, agora pon fin a todo ese avance”. Ante esta situación, Varela reafirmou o compromiso do seu goberno coa loita pola igualdade e os dereitos da muller e agradeceu ao Soño de Lilith que siga traballando e organizando eventos como este, “sobre todo agora, cando ante o que está a suceder, son máis necesarios ca nunca”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -