_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
A Área de Apoio á Unidade de Convivencia e axuda no fogar do Concello dou cobertura a 579 persoas en 2023

Un total de 579 persoas recibiron o ano pasado distinto tipo de coberturas a través da Área de Apoio á Unidade de Convivencia e Axuda no Fogar, unha das tres grandes patas nas que se estruturan os Servizos Sociais Municipais. Neste apartado desenvólvense catro programas e dez proxectos, entre os que se atopan o Xantar na Casa, o SAF, o Conciliatardes ou as intervencións de Educación e apoio familiar, entre outros. O custe dos servizos prestados á cidadanía dende este área ascendeu a 1.740.000 euros, do total dos 3 millóns do orzamento co que contou Servizos Sociais en 2023.
03.06.2024.- O primeiro dos catro programas que se desenvolven nesta gran área é do Servizo de Axuda no Fogar que contou con 152 usuarios (127 eran persoas cunha dependencia valorada e 25 beneficiarios por libre concorrencia). Por sexo, a maior parte dos beneficiaron foron homes, 102 fronte a 50 mulleres. O SAF é o proxecto que conleva un maior gasto para os Servizos Sociais, con algo máis dun millón de euros (1.031.722 euros, en concreto).

Octoxenarios, principais beneficiarios da Teleasistencia e do Xantar na Casa
O programa de Apoio á Unidade de Convivencia incluíu catro proxectos: Xantar na Casa, Teleasistencia, Podoloxía e Fisioterapia, que supuxeron un gasto de 45.000 euros e que están destinados a garantir a autonomía e permanencia no propio fogar de persoas maiores con certa dependencia e que viven soas. A través do Xantar na Casa recibiron o as comidas feitas nos seus domicilios 29 persoas (16 mulleres e 13 homes), contribuíndo deste xeito a asistilos, previr riscos e a facerlles seguimento. A idade media do usuario deste servizo foi de 83 anos.

O Concello tamén prestou servizo de Teleasistencia a 40 usuarios (34 mulleres e 6 homes) que, mediante un dispositivo móbil, estiveron monitorizados e puideron solicitar axuda a distancia en caso de situación de emerxencia sanitaria. Máis da metade dos beneficiarios (25) eran maiores de 80 anos. Segundo apuntan dende os Servizos Sociais, a demanda desta prestación elevouse en 2023 debido á demora de tramitación na teleasistencia polo sistema de dependencia, xestionada pola administración autonómica.

Outros dos proxectos que o ano pasado se prestaron de forma independente, pero ligado aos usuarios do SAF, foron os de Podoloxía (que contou con 77 beneficiarios) e Fisioterapia (con 26). O Concello ten previsto incluír estas prestacións no novo contrato do SAF, cuxos pregos xa están redactados co obxectivo de licitar o servizo nos vindeiros meses.

39 usuarios no Conciliatardes

O terceiro programa desenvolvido nesta área é o de Apoio á Primeira Infancia, onde se inclúen as medidas para promover a escolarización de crianzas nesta etapa educativa e facilitar a conciliación. Ademais de asumir o custe de funcionamento e mantemento da Escola Infantil Municipal da Lomba e de bonificar as cotas ás familias en función dos seus ingresos, o Concello tamén colabora no mantemento dos centros da Galiña Azul de Carril e Vilaxoán, que xestiona a administración autonómica. En total, este programa supuxo o ano pasado un desembolso de 630.067 euros, dos que 190.000 foron para os centros autonómicos.

E dentro deste programa, tamén se prestou o servizo Conciliatardes, que contou con 39 usuarios, e que precisou dun orzamento doutros 33.000 euros.
Favorecer a convivencia familiar e a xestión da economía doméstica
O cuarto e último programa desta área é o Programa Básico de Educación e Apoio Familiar mediante o que, co persoal propio do Centro Comunitario de Servizos Sociais Municipais, se atendeu a 96 unidades familiares compostas por 216 persoas (120 delas, menores de idade).

A través deste proxecto realizáronse diferente tipo de intervencións cos integrantes das familias, dependendo das casuísticas particulares. Así, os contidos abordados no ámbito da convivencia interna (que propiciou o 95% das intervencións realizadas) foron dende as relacións e funcións parentais ás habilidades sociais, comunicativas e expresión dos sentimentos; ata a resolución de conflitos familiares e á organización e reparto dos roles familiares.

De forma paralela, tamén se realizaron intervencións no ámbito residencial (sobre organización de tarefas domésticas), no económico (administración da economía doméstica e distribución e aproveitamento de recursos e achegas), e mesmo no laboral, con derivacións ou seguimento de recursos especializados (ao INEM, Plan de Inclusión, DIFE…), ofrecendo motivación para a busca de emprego e orientación sobre escolarización axeitada funcional.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -