_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vilagarcía abre o prazo de solicitude para as cachadas e grelladas das noites de San Xoán e San Pedro

As persoas e colectivos interesados en festexar as noites de San Xoán e San Pedro coas tradicionais cachadas xa poden solicitar os preceptivos permisos ante a administración local. O Concello de Vilagarcía vén de publicar o bando no que se especifica o trámite a realizar, así como os requisitos e normas de seguridade a cumprir, tanto nas fogueiras como nas grelladas a celebrar en vía pública por parte de establecementos hostaleiros. A novidade é que, debido aos traballos de rexeneración medioambiental que está executando Costas, este ano non se poderán realizar cachadas nas praias da Concha Compostela.
03.06.2023.- Os permisos deberán solicitarse antes do 18 de xuño e as listas coas autorizacións publicarase a partir das 14.30 horas do 21 de xuño no taboleiro de anuncios da web e da sede electrónica do Concello, onde tamén se atopan os formularios de solicitude. O trámite pode realizar se de forma telemática na sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal) ou mediante presentación presencial no Rexistro Xeral, de luns a venres en horario de 8:30 a 13:45 horas. Na solicitude de autorización debe constar, como mínimo, unha persoa responsable, identificada con nome, número do carné de identidade, dirección, teléfono e copia do DNI.

Aquelas cachadas ou grelladas que non fosen autorizadas, ou para as que non se presentase solicitude previa, non poderán levarse a cabo, quedando encargados os servizos municipais de impedir o seu desenvolvemento

O bando informa dos requisitos de obrigado cumprimento por parte dos organizadores das cachadas e cos que se pretende garantir a seguridade nas celebracións. Efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias e da Policía inspeccionarán as fogueiras que obteñan permiso a efectos de verificar o cumprimento destas normas.

Normas de seguridade

A fogueira terá un perímetro de seguridade de 6 metros de radio por cada metro da altura combustible, porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, de que estea lonxe de zonas arboradas, así como de que nos arredores non exista ningún local no que se almacenen produtos inflamables. Non se poderán acumular combustibles nos arredores das cachadas e tampouco se poderán queimar nelas materiais contaminantes ou perigosos, como pneumáticos, aerosois, etc...

Para garantir a seguridade e atallar posibles incidencias, deberá disporse de material para a extinción do lume, tal e como caldeiros con auga, area ou extintores, e os organizadores están obrigados a deixar completamente apagada a fogueira antes de marcharse, para o cal deberán empapala con auga. Ademais, con exceso de vento non se poderá prender a fogueira.

A maiores destas normas, as fogueiras autorizadas nas praias deberán cumprir tamén o requisito de instalarse respectando os 6 metros de servidume de paso dende a liña de preamar ou marea alta, tal como se recolle na ordenanza reguladora do uso das praias, e outros 6 metros de marxe respecto ao bordo do paseo marítimo.

No caso de que se teña intención de realizar a cachada na beirarrúa ou en calquera outro espazo público, ademais de cumprir os requisitos xa mencionados, deberá protexerse o pavimento con placas de ferro, area ou material similar que evite danalo. Ademais, os organizadores terán que deixar a zona limpa unha vez rematada a fogueira.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -