_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
Escolares do Salnés analizan a influenza da publicidade no consumo de bebidas enerxéticas entre a poboación xuvenil

Preto de cincocentos escolares de 6º curso de Primaria de colexios de Vilagarcía, Cambados e Meis participaron nun obradoiro organizado pola Área de Prevención do SPAD de Vilagarcía co obxectivo de fomentar o espírito crítico entre a poboación infantil e xuvenil de cara a previr adicións ou hábitos de consumo pouco saudables. Nesta actividade en concreto analizaron a influenza da publicidade no consumo de bebidas enerxéticas entre a xuventude. Os talleres realizáronse durante os meses de marzo, abril y maio.
04.06.2024.- O obradoiro parte do feito de que a poboación infanto-xuvenil é a máis vulnerable á influencia que a industria das marcas e a publicidade exerce sobre eles e elas e, en consecuencia, na súa autoestima; razón pola cal a rapazada debe ser crítica sobre as súas condutas e pensamentos con respecto a estas modas.

Coas actividades realizadas e dirixidas por unha psicóloga, os alumnos e alumnas debateron e reflexionaron sobre a influencia da publicidade nos seus gustos, hábitos e sentimentos. Tamén traballaron de forma práctica estas reflexións elaborando anuncios comerciais e campañas sociais sobre as bebidas enerxéticas.

A elección deste produto para tratar no taller baséase en datos empíricos que apuntan que en 2023 o consumo de bebidas enerxéticas nos últimos 30 días por parte da poboación xuvenil (de14 a 18 anos) incrementouse en 4 puntos respecto aos datos de 2021. Ademais, en España a prevalencia é maior entre os homes (54.4%) que entre as mulleres destas idades (40,7%).

O aumento no consumo destes produtos explícase en gran parte pola influenza das intensas campañas publicitarias, que as definen como bebidas refrescantes para incrementar a resistencia física, proporcionar sensación de benestar e estimular o metabolismo, e capaces de subministrar un elevado nivel de enerxía. Esta descrición é a causa de que a xuventude se sinta atraída por elas, sen ter en conta e descoñecer que estas supostas calidades proceden dunha combinación de ingredientes adicionados polos seus efectos estimulantes, o que ocasiona graves danos para a saúde nos menores en idade de desenvolvemento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -