_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello esixe á Xunta que licite xa a construción do novo centro de saúde

“Vilagarcía leva décadas demandando un novo centro de saúde e non imos permitir que se nos siga negando ou demorando innecesariamente unha infraestrutura tan necesaria e urxente como esta”, sinala o goberno local. Por esta razón, o Concello de Vilagarcía esixe á Xunta de Galicia que licite xa a construción do centro sanitario. Dende Ravella apúntase que non hai ningún trámite pendente que impida ao executivo de Alfonso Rueda iniciar o procedemento de contratación, e lémbrase que o propio PP autonómico anunciou en plena campaña electoral que a obra sairía a licitación no mes de febreiro, “compromiso que non cumpriron e que, case catro meses despois, continúan sen cumprir”.
04.06.2024.- Ante esta reiterada desidia do goberno autonómico para coas demandas de Vilagarcía, dende Ravella arguméntase que o Concello cumprimentou todos os trámites previstos no protocolo asinado no seu día co Sergas e a Autoridade Portuaria, e que xa puxo os terreos da antiga Comandancia a disposición da Consellería hai meses, polo que só queda que esta proceda a adxudicar as obras.

Dende a capital arousá non se entende que tendo o proxecto rematado dende hai case un ano, os terreos dispoñibles e o financiamento resolto grazas aos fondos da Unión Europea, a Xunta de Galicia siga demorando unha obra tan necesaria e pola que a cidade leva décadas esperando. “A única explicación é que se estea retrasando deliberadamente para continuar castigando a Vilagarcía por motivos políticos”. O executivo de Varela advirte que non van consentir máis demoras e que, ademais, os fondos europeos teñen un prazo de execución de obrigado cumprimento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -