_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Aberto o prazo de solicitude de praza no programa Conciliatardes para o curso 2024/25

A Área de Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía vén de abrir o prazo de solicitude para participar no Conciliatardes-Tardes coa Infancia durante o curso escolar 2024/25. O programa socioeducativo e de apoio á conciliación familiar está dirixido a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2021, e desenvolverase dende outubro de 2024 a xuño de 2025 no Centro de Formación de Matosinhos. As familias interesadas teñen ata o 24 de xuño para formalizar a súa solicitude a través do Rexistro Xeral do Concello. Tanto as normas como o formulario están a súa disposición na web municipal http://www.vilagarcia.gal e na sede electrónica do Concello, sede.vilagarcia.gal.
05.06.2024.- O Conciliatardes é un programa socio educativo, de lecer e de apoio á infancia que presta dende hai anos o Concello de Vilagarcía. O servizo desenvólvese fóra do horario escolar co obxectivo de facilitar a conciliación das responsabilidades persoais e profesionais das familias cuxos proxenitores non poden coidar aos seus fillos polas tardes por motivos laborais ou formativos.

Requisitos

Ademais do requisito de idade dos nenos e nenas, outras das obrigas a cumprir para poder beneficiarse deste servizo son que os solicitantes estean empadroados en Vilagarcía e que formen parte dunha unidade familiar na que ambos proxenitores ou titores teñan unha actividade laboral, ou participen nun proceso de formación regrado ou oficial, no horario de desenvolvemento do Conciliatardes.

O servizo oferta un total de 30 prazas que se poderán ocupar na modalidade de xornada completa ou de media xornada. O horario de funcionamento será de 15:30 a 20:30 horas, establecendo un tempo de lecer e de merenda. No caso de rexistrarse máis solicitudes que prazas, accederase ao servizo tendo en conta a orde de puntuación acadada na baremación.

Cota e bonificacións

A cota mensual máxima por usuario será de 100 euros pola xornada completa e 50 no caso da media xornada. Este prezo poderá reducirse, incluso chegar ata a gratuidade, grazas ás bonificacións previstas e que se aplicarán en función ao nivel de ingresos das familias. Calcularase a renda per cápita familiar mensual en base ao IPREM do ano 2023. Se a cifra é inferior ao 80% do IPREM, o servizo será de balde para o usuario, xa que o Concello asumirá o custe íntegro da cota. No caso de que a renda familiar se sitúe entre o 80 e o 100% do IPREM, o usuario só deberá abonar a metade da cota. E se a renda per cápita é igual ou superior ao 100% do IPREM, a familia deberá pagar o prezo completo.

A lista provisional de nenos e nenas admitidos publicarase o 15 de xullo no taboleiro de anuncios do Concello e na dese electrónica. O prazo posterior para presentar reclamacións e subsanar erros prolongarase ata o 25 de xullo, e a lista definitiva de admisións publicarase o 8 de agosto.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -