_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A Escola de Música encara o vindeiro curso cunha matriculación en torno aos 400 educandos

A expensas do resultado da convocatoria de setembro, a Escola Municipal de Música de Vilagarcía encara o curso 2024/25 cunha matriculación en torno aos 400 educandos (391 inscritos en xuño). Pechado o primeiro prazo de matriculación, o centro Bernardo del Río desenvolverá nos vindeiros días os festivais cos que celebra o fin da actual tempada lectiva.
06.06.2024.- A semana do 10 ao 14 de xuño estará dedicada ás actuacións do alumnado de Música e Movemento, os de 3 a 6 anos. Os festivais terán lugar na sala de concertos da escola con entrada libre ata completar o aforo.

O luns 17 de xuño celebrarase o concerto de solistas e o martes 18 está programado o de agrupacións, no que participa o alumnado do último curso de Música e Movemento, que nese mesmo acto recibirá o diploma de fin ciclo. Ámbolos dous concertos terán lugar na sala principal do Auditorio Municipal a partir das 19:30 horas e serán de entrada libre ata completar capacidade.

Ademais, a Escola Municipal de Música volverá a participar este ano no Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o Clasclás, dentro do programa Clasclás a pé de rúa. Os alumnos do centro, xunto cos do Conservatorio, ofrecerán concertos en diferentes espazos da cidade os días 21 e 22 de xuño, para o cal interpretarán unha variada selección de obras dos seus respectivos repertorios.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -