_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Comeza a renovación do céspede artificial do Manuel Jiménez, que estará homologado para fútbol e rugby

Operarios da empresa Mondo comezaron esta mañá os traballos de renovación do céspede artificial do campo Manuel Jiménez, unha actuación na que o Concello de Vilagarcía inviste 269.000 euros de fondos propios. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Deportes, Carlos Coira, desprazáronse esta mañá ata as instalacións deportivas para inspeccionar os traballos que permitirán ao campo contar cun tepe de última xeración e homologado para a celebración de competicións oficiais de fútbol e rugby.
07.06.2024.- Tal e como se acordara cos clubs usuarios do campo, os traballos inícianse xusto cando vén de rematar a temporada deportiva, de xeito que non interferiron no calendario de partidos. Ademais, cun prazo de execución de tan só 8 semanas, o Manuel Jiménez estará en perfectas condicións e disporá de nova herba a finais de xullo ou principios de agosto, a tempo para o inicio da pretemporada.

O responsable de Mondo Ibérica, a empresa adxudicataria, comentou que os traballos comezan co levantamento do tapiz actual, que se estaba a cortar en láminas. A retirada realizarase separando o material de recheo do tepe, de xeito que o primeiro poderá reutilizarse no novo céspede. Tamén con criterios de sustentabilidade se tratará a herba artificial vella, aproveitando as láminas en mellor estado para cubrir zonas de paso, espazos verdes ou patios infantís do municipio.

A actuación completarase coa nivelación do terreo, preparación da superficie e a posterior instalación do novo céspede, material de última xeración e cunha vida útil de entre 10 e 13 anos, segundo indicou o responsable da adxudicataria.
A seguinte, en Berdón


O alcalde lembrou que tamén en verán se executará a renovación da herba sintética do campo de Berdón -obra en proceso de licitación-, destacando o importante esforzo realizado polo seu goberno nos últimos anos para mellorar as instalacións deportivas municipais. “Con estas dúas últimas, neste tempo temos renovado o céspede dos cinco campos municipais de herba artificial. E o investimento que levamos realizado en materia de infraestruturas para o deporte non queda aí, porque estamos a piques de rematar a reforma integral do pavillón de Fontecarmoa e xa comezamos co proxecto de ampliación da piscina”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -