_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
BIBLIOTECAS
A Biblioteca exhibe unha mostra de documentos históricos do Arquivo Municipal do Concello de Vilagarcía

Con motivo do Día Internacional dos Arquivos, que se conmemora o 9 de xuño, a Biblioteca Municipal de Vilagarcía organiza unha pequena mostra sobre os documentos históricos preservados no Arquivo Municipal do Concello de Vilagarcía. A iniciativa ten como obxectivo dar a coñecer a importancia do Arquivo Municipal (emprazado no consistorio de Ravella) e a estreita relación que estes servizos gardan coas bibliotecas. A exposición pode visitarse ata o 21 de xuño na zona de recepción do novo centro da rúa Castelao.
08.06.2024.- O material documental exposto é unha pequena mostra dos fondos que contén o Arquivo Municipal. Entre as curiosidades que se amosan están un libro de actas de Pleno dos anos 1838 a 1841, un proxecto de 1873 para conectar a estación de ferrocarril de Carril co peirao, o expediente de inauguración do Parque da Compostela (1929) ou o expediente de obra da vivenda de Agustín Padín.

Tamén se poden admirar folletos das festas patronais de 1958 e de publicidade das salas de cine de Vilagarcía, varias postais antigas con imaxes da cidade e folletos das primeiras edicións de Fexdega e do primeiro Plan Xeral de Ordenación Urbana de Vilagarcía (do ano 1986) do fondo de Víctor Viana.

Con esta mostra búscase dar a coñecer e divulgar a existencia de entes públicos como son os arquivos, destacando a súa importancia na conservación e difusión do patrimonio histórico e documental.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -