_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía convoca o proceso para contratar 12 socorristas para a tempada de verán

O Concello de Vilagarcía vén de poñer en marcha o proceso para a contratación de 12 socorristas para cubrir o servizo nas tres praias do municipio (Concha-Compostela, Campanario e Preguntoiro) durante a temporada de verán. Coa intención de iniciar o servizo o 1 de xullo, os contratos terán unha duración de tres meses e serán a xornada completa. As persoas interesadas en participar nas probas deberán inscribirse a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcía.gal) ou, presencialmente, no Rexistro Xeral do Concello. As solicitudes deberán presentarse unicamente o venres 14 de xuño.
10.06.2024.- A petición deberá acompañarse de copia do DNI, da titulación requirida para o posto (título de Socorrista acuático en espazos naturais), da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, e do certificado de inscrición nas listas do Servizo Público de Emprego.

Independentemente de como a Xunta resolva as axudas para a contratación de socorristas convocadas o 31 de maio –con máis retraso que nunca- Ravella xa remitiu a oferta de emprego ao Servizo Público de Emprego co obxectivo de que se cite ás persoas inscritas nas súas listas para a selección que levará a cabo o 19 de xuño.

As bases que rexen o proceso para a contratación dos 12 socorristas están dispoñibles no taboleiro de anuncio do Concello e na sede electrónica. Nelas especifícanse os requisitos a cumprir polos aspirantes, a documentación a achegar á solicitude de inscrición e o sistema de realización das probas (teórica e práctica).

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -