_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CULTURA
A poesía centra a xornada inaugural da Cidade do Libro, na que intervirán Lúa Mosquetera, Ismael Ramos e Afra Torrado

A cuarta edición do Vilagarcía, Cidade de Libro arranca mañá, 11 de xuño, cunha xornada dedicada á poesía e que leva por título “Cen poemas de amor…” en conmemoración ao centenario da publicación da obra “Veinte poemas de amor y una canción desesperada” de Pablo Neruda. Co Literatour que continúa coas sesións matutinas para escolares iniciadas hoxe, a actividade concentrarase pola tarde cando, a parir das seis, abran as casetas de exposición e venta de libros. Recitais, presentacións, actividades para o público familiar, firmas de libros e as esperadas Conversas ao Solpor darán contido á xornada na que intervirán como autores convidados Lúa Mosquetera, Ismael Ramos e Afra Torrado.
10.06.2024.- Un total de cinco librarías locais, dúas editoriais e unha asociación disporán de caseta na mostra que, para maior comodidade dos participantes, se celebrará este ano nos corredores do parque Miguel Hernández. Son as librarías Follas Novas Arousa, Vidal, Nobel Arousa, Metrópolis Cómics Arousa, Hojas de Lorien, a asociación Mesa das Verbas e as editoriais Viento Norte e Tazalunar Books. Ademais da venta de libros, os expositores tamén organizarán presentacións e firmas cun horario de 18 a 21 horas.

O recuncho dos Contos estréase mañá cunha experiencia poética para o público familiar baseada no libro “Animalario de ler a diario”. Será o propio autor da obra, Eduard Velasco, o que dirixa a actividade lúdica e literaria e con capacidade para 16 prazas nenos e nenas, que se cubrirán por orde de chegada.

Á mesma hora, pero xa dirixido ao público adulto, comezará no espazo de presentacións, o recital poético “Neruda, namorado e desesperado”, organizado pola Mesa das Verbas. Vinte persoas darán voz aos versos do Premio Nobel chileno no acto que tamén contará coa actuación musical de Xosé Duarte.

A actividade trasladarase ás 19 horas ao escenario principal onde Lúa Mosquetera recitará poemas co acompañamento musical de Pablo Seijas. A autora de Miño, xunto con Afra Torrado e Ismael Ramos firmarán libros e, a partir das 20.30 horas, pecharán a xornada cunha conversa ao solpor que moderará a xornalista Susana Pedreira. Nela, os autores compartirán experiencias literarias e responderán as preguntas do público asistente.

Lúa Mosquetera
(Miño, 1988) é graduada en Lingua e Literatura Galegas pola USC. Conta con dous poemarios autoeditados: Rasrás (2018) e Aunque seas rara y seas pájaro (2020). O seu poema "Anorak de pel de caribú", incluído neste volume, mereceu o premio ARitmar de Mellor Poesía da Galiza 2021. Campiona da Poetry Slam de Compostela, practica o spoken word para espallar a súa palabra e cre no verso como ferramenta de salvación e de loita.


Ismael Ramos
Ismael Ramos (Mazaricos, 1994) é autor dos poemarios "Lixeiro" (Xerais, 2021), Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández; "Lumes" (2017), Premio Javier Morote de Las Librerías Recomiendan e "Os fillos da fame" (Xerais, 2016), Premio Johán Carballeira de Poesía. Algúns dos seus libros foron traducidos ao catalán, castelán e portugués, e poemas seus viron a luz en revistas e antoloxías en linguas como o finés, o francés, o húngaro, o inglés ou o italiano. Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es. "A parte fácil" é o seu primeiro libro de contos.

Afra Torrado
Afra Torrado estudou Belas Artes en Pontevedra e un ciclo superior de artes gráficas. Obtivo o primeiro accésit na edición XLIII dos Premios Literarios Minerva na modalidade de narración e o primeiro premio no IX Certame de Poesía Xela Arias. Poemas seus foron recollidos en antoloxías como "No seu despregar" publicada por Apiario. En 2023 publicou "Fago o que podo" na editorial Rodolfo e Priscila, polo que recibiu o premio Follas Novas ao Libro de Banda Deseñada, Gráfico e Humor en 2024.
Eduard Velasco
Publicou os poemarios «Ruído de trens» (2015) e «O filósofo coxo» (2017). O relato «Taxidermia», inserido no volume colectivo «A garza insomne», foi a súa primeira proposta narrativa. En 2019 publica en Xerais «Os días felices de Benvido Seixas», novela coa que obtén o Premio Losada Diéguez, 2020. Traduciu do catalán ao galego as novelas «Pan negro», de Emili Teixidor, «As valgadas bravas», de Raimon Casellas, e «Palabras de Opoton O Vello» (Xerais, 2020). Do galego ao catalán trasladou novelas de diversos autores, como Vicente Risco, Suso de Toro, Antía Yáñez ou Berta Dávila, entre outros. Como autor de literatura infantil, quedou finalista do Premio Merlín en dúas ocasións co libro de poemas «Animalario de ler a diario» (Xerais, 2022).

Lista de participantes no recital da Mesa das Verbas

Lerán poemas de “Veinte poemas de amor y una canción desesperada” a micro aberto Queco, Roberto Abal, Rosario Orive, Al Guanella, Augusto Guedes, Manuel María, Maru Rivadulla, Carmen Castejón, Mª José González, Lois Do Salnés, Luismi, Pilar Lojo, Fon, Andrea Fernández, Isabel Peleteiro, Nasuko, Soledad Cabezuelo, Tere Briones, Manuel Lage, Xermán Torres e Jean Carballo recitará Canción Desesperada Xosé Duarte e R. Torrado musicarán os sonetos LXIX e LXX.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2024  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -