_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde traslada ao presidente da Xunta as principais reivindicacións de Vilagarcía en materia sanitaria e de infraestruturas

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, mantivo este mediodía unha xuntanza de traballo co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda co obxectivo de trasladarlle as necesidades de Vilagarcía en asuntos de competencia autonómica, moitas delas, demandas histórica que levan ata quince anos reivindicándose. Unha longa lista de peticións centradas principalmente en materia sanitaria e de infraestrututras para as que o rexedor solicitou que se vaian dando pasos para o seu cumprimento, de xeito que a Xunta salde a débeda que mantén coa capital arousá.
10.06.2024.- Un dos proxecto polo que o Concello leva máis tempo loitando é o da construción do centro de saúde. Ante a demora que acumula a contratación da obra por parte da Xunta, Varela pediu que se aclarasen os prazos, informándolle Rueda que a licitación farase este mesmo mes de xuño.

Outra das peticións realizadas polo alcalde foi a ampliación do polígono industrial do Pousadoiro, unha actuación demandada polos empresarios da cidade e pola que Vilagarcía leva máis de unha década esperando. Varela insistiulle a Rueda que este proxecto resulta esencial para o despegue do sector industrial e o desenvolvemento económico de Vilagarcía, xa que existen empresas interesadas en instalarse nunha zona estratéxica como é esta, con porto de interese xeral e ben comunicada por estrada e tren, e que sen embargo carece de solo industrial para acoller grandes instalacións fabrís.

A mobilidade foi outro dos asuntos abordados no encontro, lembrando o alcalde que a Xunta ten paralizado o proxecto para a construción da estación intermodal en Vilagarcía, e demandando a mellora da mobilidade e a seguridade viaria nas estradas de competencia autónomica que discorren polo territorio municipal, especialmente as que pasan por zona urbana, como a avenida Rosalía de Castro e a avenida de Cambados, pero tamén a de Agustín Romero. Neste punto Varela lembrou que o Estado está tramitando un proxecto de transformación integral da avenida de Pontevedra, avenida das Carolinas e Juan Carlos I, actuación que podería servir de exemplo para as vías autonómicas.

A desembocadura do río Con para evitar inundacións e continuar recuperando a fachada marítima da cidade foi outro dos puntos sobre os que incidiu o rexedor, que tamén se interesou polo estado de tramitación da ampliación da EDAR de Ferrazo e reiterou a necesidade de que a Xunta priorice na lista de demandas ao Estado a construción do cuarto xulgado de Vilagarcía, colocándoo nos primeiros posto la lista de peticións. Ademais, a lista incluía a petición de construción de vivenda pública na cidade.

Tras a reunión con Rueda, Varela comentou que espera que o presidente da Xunta tome en consideración as peticións de Vilagarcía e que, dende as diferentes consellerías se vaian dando os pasos precisos para ir avanzando os proxectos de cara ao seu cumprimento. Malia manifestar esta confianza, o rexedor asegurou que o goberno local seguirá de cerca as xestións e "estaremos moi enriba para que non se esquezan nin sigan acumulando retrasos".
 
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -