_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Carreteras del Estado autoriza a mellora do acceso ao Piñeiriño dende a rotonda de Pablo Picasso

O Concello de Vilagarcía xa conta co visto bo do Ministerio de Transportes y Movilidad para executar a mellora do acceso ao Piñeiriño a través da rúa Wenceslao Fernández Flórez. O proxecto proxectado pola administración local comeza no entronque desta rúa co vial de acceso ao Porto, de titularidade estatal, de aí a necesidade de contar previamente coa autorización da Demarcación de Carreteras do Estado. Con este permiso xa na man, nos vindeiros días sairá a licitación a obra na que se investirán 214.220 euros e que se financia a través do programa Máis Provincia.
12.05.2024.- O goberno local promove a actuación co obxectivo de corrixir as limitación que esta vía de entrada ao barrio do Piñeiriño presenta para a circulación de tráfico pesado debido á estreiteza dun dos seus tramos. A problemática resolverase co ensanche da rúa, medida que será posible ao ter asinado previamente un convenio cos propietarios da zona, que ceden gratuitamente a franxa de terreo que permitirá reaxustar a aliñación ao previsto PXOM e desfacer o pescozo de botella que se creaba nese tramo.

Con esta obra, tanto os autobuses como os vehículos longos poderán transitar pola vía, ofrecendo así máis alternativas aos accesos ao Piñeiriño dende as rúas Fontecarmoa e Camilo José Cela. Ademais, a intervención repercutirá positivamente na seguridade viaria xa que, ao gañar en amplitude, tamén se facilitará a convivencia entre peóns e vehículos.

O proxecto complétase coa renovación das redes de saneamento e recollida de augas pluviais e coa reposición do firme.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2024  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -