_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
A Cidade de Libro pon ao descuberto o mundo das emocións con Ángel Martín, Bernardo Pajares e Juanra Sanz

A do xoves será sen dúbida o día máis emotivo da presente edición do Vilagarcía, Cidade de Libro dado que os sentimentos, a súa influenza nas nosas vidas, na nosa saúde e mesmo na arte, serán algunhas das temáticas que se aborden na xornada que leva por título “Emocións de papel”. Para afondar neste complexo mundo, a mostra contará coa presenza do televisivo Ángel Martín, que repite na Cidade de Libro, o vilagarcián Bernardo Pajares xunto co seu compañeiro de podcast, Juanra Sanz, e con Ramón Guinarte. As firmas de autores, un obradoiro de adestramento emocional e as presentacións de “Cuatro Páginas” e das últimas obras de Begoña Gil e Jorge Alberto García Iglesias completan a axenda do día.
12.06.2024.- Seguindo o esquema habitual, a programación da Cidade do Libro comezará de mañá cos xogos literarios para escolares do Literatour, centradas este ano en divulgar a obra de Luísa Villalta, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas.

A actividade no Parque Miguel Hernández regresará pola tarde, a partir das 18.00 horas, coa apertura das casetas de librarías e editoriais que, ademais da exposición e venta de libros, tamén contarán cos seus propios actos. De feito, no stand do Espazo Lector Nobel Arousa asinarán libros Begoña Gil González, que vén de publicar “El correveidile”, e Jorge Alberto García Iglesias, autor de “¿Y tú quién te crees que eres?”

Tamén ás 18.00 horas dará comezo no Recuncho dos Contos un obradoiro sobre adestramento emocional impartido por Baia Fernández e dirixido ao público familiar. Co título de “Caracol, cara de col”, a actividade permite coñecer dinámicas para poñer de manifesto o poder da aceptación e a autovaloración á hora de establecer relacións sans e de activar o noso potencial.

De forma paralela, no Espazo de Presentacións desenvolverase a partir das seis da tarde a posta de largo da obra “Cuatro páginas”, da editorial Tazalunar Books. O acto estará presentado por Augusto Metzli e contará coa intervención de Cruz Lopez, Verónica Hermida e Elvira Fernández.

Nese mesmo escenario, pero a partir das sete da tarde, os autores do podcast “Arte Compacto” e traballadores do Museo del Prado, Bernardo Pajares e Juanra Sanz, presentarán o seu libro “Pasiones Creativas”, no que recollen os seus descubrimentos e reflexións sobre as intimidades sentimentais, sexuais e amigables dende as que se xestaron algunhas das obras de arte máis significativas. A presentación da actividade correrá da man de Olalla Bouza, xornalista de Diario de Arousa.

A partir das sete da tarde tamén estarán firmando libros Ámgel Martín e Ramón Guinarte, aos que se sumarán Bernardo Pajares e Juanra Sanz xusto antes de que os catro interveñan na Conversa ao Solpor, que arrancará ás 20.30 horas no escenario principal e que moderará o xornalista Carlos Crespo.

RESEÑAS DOS AUTORES

JUANRA SANZ - BERNARDO PAJARES
Bernardo Pajares naceu en Vilagarcía en 1983. É filólogo inglés e estudou un Máster de Radio na Universidad Complutense de Madrid. Igual que Juanra Sanz traballa no Museo del Prado e ámbolos dous son autores do popular podcast “Arte Compacto”, onde relatan con detalle e mestría algunhas das historias de amor, paixón e creatividade que marcaron -para ben ou para mal- a historia da arte. Baixo esta mesma perspectiva, no libro “Pasiones Creativas” abordan dez historias que dan significado a grandes obras de arte.
«A paixón, o amor e o desamor son algunhas das principais emocións que conforman as obras de arte. Neste libro propuxémonos compartir a modo de diario escrito a dúas voces os nosos pequenos descubrimentos e reflexións sobre un aspecto da historia da arte que nos atrae irremediablemente: as intimidades -sentimentais, sexuais, amistosas- dende as que se xestaron algunhas das máis significativas obras de arte. Nos preguntamos pola creatividade que brotou cando as frechas -non sempre ben intencionadas, todo hai que dicilo- de Cupido se cravaron en Edward Hopper e Josephine Nivison, Peter Hujar e David Wojnarowicz, Dora Maar e Picasso, Francis Bacon e as súas amantes, Robert Mapplethorpe e Patti Smith e outros polígonos amorosos que deron lugar a marabillosas pinturas, esculturas e fotografías que aínda hoxe son o reflexo das historias que as viron nacer».

JOSÉ RAMÓN GARCÍA GUINARTE é profesor, licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e especialista en Programación Neurolingüística e Hipnosis Clínica. Con máis de 25 años de experiencia, dirixe o Instituto de Neurociencia e Alto Rendimento. Ademais, é o xerente da Mancomunidade do Salnés dende hai anos.

ÁNGEL MARTÍN. O popular comunicador, guionista, cómico, presentador de televisión e divulgador por internet foi un dos autores máis esperados na segunda edición do Vilagarcía, Cidade de Libro en 2022.
Tras o fenómeno editorial de “Por si las voces vuelven”, Ángel Martín regresa ás librerías cun libro íntimo e impactante —pero non exento de humor— sobre todo aquilo que lle axudou a refacerse e manter a cordura, tras superar o seu brote psicótico.
“Desde que sufrí un brote psicótico y me ingresaron dos semanas en un psiquiátrico por escuchar voces que no podía controlar, presto una atención milimétrica a cualquier cosa que suceda dentro de mi cabeza. Cuando empezaba a salir del fondo del pozo en el que estuve, lo único que me importaba era descubrir qué podía hacer para recuperarme y estar bien. Pero cuando lo conseguí, mientras todo el mundo se alegraba, me di cuenta de que el reto en realidad no terminaba con volver a estar de pie. El verdadero reto era no volver a caerme. Y como desde que logré rehacerme no he vuelto a tener ninguna caída que me haya hecho volver al hospital, he pensado que igual te interesaba saber qué carajo estoy haciendo para mantenerme.

¿Te cuento ahora un secreto? Remontar después de que algo te parta en dos es solo el principio de la historia. Así que, si estás tratando de graduar tus emociones, apagar tus miedos o bajar el volumen de tus voces, quizá te sirva este consejo: intenta colocarte detrás del ruido”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -